O ALS B termina a tempada nunha meritoria 8ª praza na liga prata

O ALS B terminou esta campaña nunha meritoria 8ª praza de 22 equipos na Liga Prata. Debido ao formato de competición os carballeses xogaron unha primera fase da liga regular na que terminaron en terceira posición. O acadar esta terceira posición os carballeses pasaban á segunda fase da competición no segundo grupo (o grupo que competía para saber que ocupaban do 7º ao 12 posto de esta liga). Nesta segunda fase o ALS B acadou os seguintes resultados: 

U.B. LAVADORES 35- ALS XIRIA B 39

ALS XIRIA B 28 – RECA HOLLYWOOD SEIS DO NADAL 24

BALONMÁN CHAPELA 37- ALS XIRIA B 28

ALS XIRIA B 36 – BM RIBADOSAR 30

CLUBE BALONMÁN TUI 31 – ALS XIRIA B 23

A pesar de amosar varias versións durante a competición pódese decir que a evolución e o traballo de estos xogadores foi bo. Conseguindo en varios partidos amosar unha imaxe defensiva e ofensiva moi seria. Este é o camiño a seguir e o balance de esta competición é positivo.