«Pi» Fraga novo porteiro do Calvo Xiria

O Calvo Xiria ven de pechar na tarde deste xoves o acordo con José Luis Fraga García, «Pi», para tramitar licencia co conxunto de 1ª Estatal para cubrir a maltreita portería verdibranca. As lesións na portería carballesa están a ser un rompedeiro de cabeza esta tempada, xa que á de Alejandro Naya cunha escordadura nun ligamento do cóbado pola que será baixa polo menos dúas xornadas máis engadiuse a do xuvenil Daniel Buño por mor dunha luxación. E por si non fose xa unha situación delicada, o único porteiro que tiña a súa disposición Marcos Rodríguez, Martín Gómez, recaeu dunha vella lesións no partido ante o Luceros que aínda que non lle impedirá ser da partida no duelo ante o Cisne si que fixo saltar as alarmas no seo do club carballés.

A disposición de “Pi”, delegado nas pasadas tempadas do primeiro equipo, foi total para votar unha man neste momento tan complicado nun posto tan vital e específico coma a portería, e xa estará a disposición do técnico carballés esta fin de semana.