Pouco marxe de manobra para o Calvo Xiria

Pouco marxe de manobra para o Calvo Xiria

Complicadísimo desprazamento para o Calvo Xiria que levará ao conxunto bergantiñán a Vigo para se enfrontar ao Construcciones Castro, un dos equipos con mellores resultados na súa casa. O partido comezará ás 18:30 no Municipal de Chapela e será dirixido polas colexiadas galegas Ana Correa e Soraya Abelenda. Defender con moita anticipación para evitar exclusións innecesarias e marcar un ritmo de xogo moi alto ao longo dos sesenta minutos son premisas indispensables se os carballeses queren ter opcións de levarse os puntos, e deste xeito seguir na loita por un dos dous primeiros postos, xa que non se poden permitir ceder máis puntos. Todos os xogadores estarán á disposición do técnico local agás Ramón, xa que terá que cumprir, merecidamente, un partido de sanción pola desafortunada acción nos intres finais do partido da pasada xornada.

Retoma a competición o equipo feminino do Goldie Xiria, que comeza este sábado as 6 da tarde en Ourense a segunda fase da liga, na que loitará para facerse co primeiro posto do seu Grupo. A primeira xornada terá que visitar a pista do Pabellón Ourense. O obxectivo para o equipo será quedar por encima dos seus rivais de grupo e tamén aproveitar estes partidos para coller maior experiencia e mellorar no seu xogo para a próxima tempada.
Este sábado medirase a un equipo que se fai forte na casa, polo que se deberá saír coa máxima intensidade, con velocidade no ataque e non dando concesións na defensa. En principio estarán todas as xogadoras dispoñibles para o encontro, aínda que varias están en proceso de recuperación e sexan dubida ata o sábado.

Importante xornada a do próximo domingo para os equipos da División de Honra, no carballés Vila de Noia ante o Luceros, en horario de 10:00. 11:15 e 12:45 coma ven sendo habitual. Abrirá a xornada o Garaysa enfróntase último clasificado da táboa, nun encontro vital para os intereses de ámbolos dous equipos. Os carballeses tentarán impor a súa condición de locais para romper a mala racha dos últimos encontros, para elo o Garaysa recupera a Manuel e a Franco, e contará tamén co alevín Mario Cancela, convocado por primeira vez co equipo de liga galega. Na segunda quenda os cadetes do Grupo Lemaco xogan cun equipo que os seguen moi de preto na táboa clasificatoria. Os de Xiria seguirán sen poder contar con Sergio Pombo, lesionado d un xeonllo. E rematarán os xuvenís. O Laber Xiria non poden faiar ante o Luceros, xa que todos os partidos ata o final do campionato contan como finais para os de Carballo, na busca dunha Praza para o campionato de España.