O Novás foi mellor no segundo tempo
Non puido o Calvo Xiria acadar a vitoria ante o Novás, equipo con potencial para estar nunha categoría superior, no partido da 18 ª xornada da 1ª estatal que se…
Non puido o Calvo Xiria acadar a vitoria ante o Novás, equipo con potencial para estar nunha categoría superior, no partido da 18 ª xornada da 1ª estatal que se disputou nun Vila de Noia que presentou unha moi boa entrada con seareiros dos dous equipos que non deixaron de animar aos seus. O primeiro tempo foi de moita igualdade no marcador, mais cun Calvo Xiria máis intenso no xogo. Pero con algún erro no pase e cometendo exclusións innecesarias deu a oportunidade ao conxunto rosaleiro de marchar ao vestiario cun empate no electrónico que deixaba aberto o partido con as espadas en todo o alto. Mostra da calidade e experiencia do rival que tiña enfronte foi o segundo acto, completamente dominado polo Acanor que non deu opcións aos carballeses, castigando con dureza cada erro que cometeron neste período os verdibrancos, tanto en defensa coma en ataque. Agora aumenta a tensión en cada encontro para o Xiria, que xa non ten practicamente marxe de manobra se quere seguir a loitar por un dos dous primeiros postos.
Incidencias: Partido disputado no Vila de Noia ante 350 espectadores. Marcador cada cinco minutos: 2-1, 4-5, 5-6, 8-8, 9-11, 13-13 descanso, 14-16, 16-19, 17-23, 19-25, 22-27, 27-31. Colexiados: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López do colexio galego. Excluíron por parte local a: Sergio (7´), Ramón (5´, 17´ e 59´), Javier (11´), Cuco (36´), mentres que polos visitantes: Roberto (13´), Iago (26´), Jorge (39´e 44´), Víctor (56´) e Kevin (59´).
CALVO XIRIA 27 (13 + 14): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (2), Martín Alfeirán (4), Brais Puñal (4), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (5), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (5), Rubén Gómez, Iván Campos, Ramón Suárez-Pumariega (1).
ACANOR ATL. NOVÁS 31 (13 + 18): Kevin García [p], José Malvar [p], Roberto (1), Pablo Sánchez (7), Iago Flores (1), Jorge Pousa (2), Paulo da Costa (3), Sergey Tsybanev (3), Víctor Armán (3), Ramón Martínez (5), Alexander Tsybanev, Arkaitz Vargas (1), Manuel Martínez (5).