Previa da xornada con Darío

1ª Nacional  

O Calvo Xiria regresa ao Vila de Noia para xogar contra o Magope Seis Do Nadal o sábado ás  20:00. Á dificultade que require xogar sempre contra o equipo vigués, súmanselle múltiples  ausencias por parte do Calvo Xiria. Álex Gómez, Aaron Rodríguez, Edu Cousillas son baixa por  lesión; Carlos Varela é baixa por enfermidade, Carlos Martín Guisasola e o segundo adestrador  Brais Puñal por Covid. E Diego Vega será dúbida ata última hora, xa que tampouco se está  adestrando por enfermidade. Tampouco Adrián Dubra poderá contar cos xuvenís Martín Fuentes e  Esteban Puñal, tamén lesionados. O club solicitou o aprazamento do partido; pero a federación  española denegoullo.  

Seis Do Nadal, é un equipo que xoga un ritmo máis pausado en ataque posicional, cun enfoque  táctico e a pelexa pola permanencia convérteo nun rival perigoso. Pero o Calvo Xiria afronta como un gran reto este encontro; con orgullo e competitividade, unido máis que nunca ao apoio da  afección; deberán ser un bloque e superar todas as adversidades para poder facerse cos dous puntos. 

Categorías Base; Liga Ouro  

O Laber Xiria e Hierros Varela Urbieta Xiria enfróntanse aos dous equipos xuvenís do Bm Porriño  ás 10:30 e 12:15, respectivamente; o sábado no Vila de Noia. Dous partidos de gran dificultade que  esixirán o máximo dos nosos xogadores.  

O Punta del Este Xiria A xoga ás 12:30 no Ceip Fogar contra Bm Tui. Un enfrontamento que servirá  para mostrar o gran momento de forma que atravesan as de Carballo. Pola súa banda o Garaysa Xiria, viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao Cisne Colegio Los Sauces o domingo ás 12:00.  Partido de altos voos entre dous rivais directos.  

Categorías Base; Liga Prata  

O Laber Xiria B xoga a última xornada de liga en Vigo ante Reca Hollywood Seis do Nadal. O  Grupo Lemaco Xiria B recibe en casa ao Bm Ribadosar e o Punta del Este Xiria B, ten dobre  enfrontamento, o sábado ante Balonmán Pabellón Ourense e o domingo ante Millaven Centro Xardín Cp Lucense.  

Categorías Base; Alevíns e benxamíns 

En alevín 7, o sábado xogará Carpintería Gómez Xiria contra Bm Culleredo Opemat, e o domingo  farano Reneymar Xiria contra Club Balonmano Atlántico e  Garaysa Xiria contra Bm Línea 21.  

O balonmán 5, concéntrase en Santa Comba onde xogarán Insplaber Xiria, Reneymar Xiria, en  alevíns; mentres Telepizza Xiria, Maquisaba Xiria e Óptica Auris Xiria farano en categoría  benxamín.