Previa da xornada do 26-28 marzo

1ª Nacional  

O Calvo Xiria xoga contra o Km13 Gáldar o sábado ás 20:00 no Vila de  Noia. Os visitantes son un equipo renovado con respecto á primeira  volta coas fichaxes de 3 primeiras liñas que lle dan ao equipo un salto  de calidade e ter mellor rotación. Isto fai que estean a competir cada  partido de igual a igual a todos os rivais e en plena loita pola  permanencia, o que lles converte nun rival para ter en conta.  Os do Calvo Xiria afrontan unha semana máis; tratando de reducir  diferenzas cos dous primeiros clasificados; queren seguir en liña  ascendente e mellorar cada semana o xogo do equipo. Pensar  unicamente en gozar xogando sobre o 40×20, tendo en conta a  dificultade do partido e o esforzo para tratar de lograr a vitoria. O  bloque defensivo e a efectividade nas transicións de novo xogan un  papel importante no desenvolvemento do partido.  

1ªAutonómica Feminina 

Ás 17:30 no Vila De Noia, o Calvo Xiria recibe ao Balonmán S.D.  Samertolameu; na que é a penúltima xornada do grupo polo título, e  ambos conxuntos están a xogarse unha praza na final a 4; onde  Carballal tamén está nesa pelexa. O Calvo Xiria ten que tratar de ser  efectivo ao comezo do encontro para superar os primeiros minutos de  forma conxunta e a partir de aí ser capaces de desenvolver o xogo  habitual do equipo. O público ten que ser determinante nun xornada  con moita emoción.  

Categorías Base; Liga Ouro  

Laber Xiria afronta a última xornada de liga; ante o Bm Cangas o  sábado á 13:00 no Vila de Noia. O equipo ten que gañar e esperar a  que Porriño perda o seu partido para meterse quinto clasificado; que o levaría a xogar o domingo contra o Oar, unha eliminatoria por entrar na final a 4. Por tanto, xornada decisiva para os intereses dos de  Carballo.  

O Grupo Lemaco Xiria A, xoga en Vigo á 13:00 contra Reconquista. A  falta de catro xornadas, cada partido é importante para loitar polos  postos altos. 

Garaysa Xiria xoga ás 12:15 en Coia contra o Seis Do Nadal. O equipo  ten que gañar para seguir pelexando polo quinto posto. 

Punta del Este Xiria A, xoga a domicilio contra o Mecalia Atlético  Guardés o sábado ás 12:30, e afrontan o choque coa difícil papeleta  de manter a clasificación actual.  

Categorías Base; Liga Prata  

O Grupo Lemaco Xiria B, xoga o domingo no pavillón Pablo Hervello ás  11:30. O equipo quere redimirse do seu último partido e xogar ben  contra o Bueu Atlético Balonman.  

Punta del Este Xiria B e Javucho Publicidade Edm Caselas xogan o  domingo ás 10:00 en Salceda de Caselas. Queren seguir mantendo o  posto de honra no grupo polo título.  

Categorías Base; Balonmán 5  

Os equipos de Xiria afrontan a penúltima xornada da segunda fase.  Insplaber Xiria e Óptica Auris Xiria xogan en Camariñas o sábado pola  mañá.  

Maquisaba Xiria A, fai o propio en Lugo.  

Mentres Reneymar Xiria, Telepizza Xiria e Maquisaba Xiria B, xogan o  domingo en Ferrol.