Empate e derrota na dobre xornada para o Grupo Lemaco “A”

17ª e 18 ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Upi Informática Lalín 32 – Grupo Lemaco Xiria A 26 (14-11)

O sábado a mañá o Lalín e o Grupo Lemaco disputaban o seu encontro no Lalín Arena. Os innumerables erros de lanzamento do Xiria, fallando claras ocasións en momentos claves do partido, propiciaron que os carballeses non foxen capaces de poñer apuros aos rivais, véndose moita igualdade no terreo de xogo pero sempre dominando o Lalín. Tampouco en defensa o Xiria era capaz de frear ao rival no un contra un, deixando moitos espazos. A falla de 7 minutos o Grupo Lemaco empataba o partido a 25 goles pero novamente os desafortunados lanzamentos colocábano a mercé do contrario que se foi no marcador nos 5 derradeiros minutos con ese 32 a 26.

Upi Informática Lalín 32 (14): David Failde, Pablo López 3, Sergio Munín 10, Juan Villar 6, Alejo Varela 3, Xosé Cuiña 1, Pablo Pérez 2, Jaime Conde 2, Miguel Aller, Diego Vázquez 3, Nahuel Talenca 2, Mario García, Oscar Hermida e Adrián Hermida

Grupo Lemaco Xiria 26 (11): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 2, Manu Pérez, Pablo Veiga 4, Pablo Suárez, Diego Mourelle 1, Hugo García 3, Angel Villar, Henrique Traba 7, Miguel Cambón, Manu Rey 9, Chema Negreira e Marcos Amarelle.

Arbitrou: Alfonso Canitrot

Grupo Lemaco Xiria A 31 – Footplus Carballal 31 (15-15)

O empate entre dous dos equipos que aspiran a meterse no playoff deuse logo dun partido intensísimo e de moita igualdade o longo dos 60 minutos.
A fortaleza dos vigueses no un contra un fixo estragos na defensa do Xiria que se vía incapaz de atallar as accións dos contrarios, os re axustes na defensa 6-0 pechando a liña dos seis metros, deron froito e o equipo era capaz de frear ao rival, solo faltaba culminar no ataque, pero como o día anterior fronte ao Lalín, a selección de lanzamento a portería non foi boa, desperdiciando moitas ocasións para sumar goles e superar ao rival, o que pagou ao final tan so podendo conseguir un dos dous puntos en xogo.

Grupo Lemaco Xiria 31 (15): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 5, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 6, Pablo Suárez 1, Diego Mourelle 2, , Angel Villar, Henrique Traba 5, Miguel Cambón, Manu Rey 9, Chema Negreira, Marcos Amarelle 1, Dani Periscal e Marcos Suárez

Footplus Carballal 31 (15):Diego Otero, Anxo Fernández 6, Javier Zambrana 5, Nicolás Vila 4, Yago López 13, Iago García 2, Ivan Puentes , Anxo Barciela 1, Víctor Rodríguez, Elias Silva, Isidro Mariño e David González

Arbitraron: Pablo Barreiro e Henrique Folgoso