Previa do 10 de decembro

Previa do 10 de decembro

1ª Estatal
Penúltimo partido do ano para o Calvo Xiria; que de novo xogará a
domicilio e nas Illas Canarias. Esta vez viaxa a Lanzarote para
enfrontarse ao líder da categoría San José Obrero Lanzarote.
Os locais cun dos persoais máis fortes, están a cumprir co seu
papel de favoritos. O Calvo Xiria que segue con demasiadas baixas,
viaxa pensando en realizar un bó partido que lle permita competir
sabendo das dificultades que ten xa de por si o encontro.
O equipo quere seguir progresando a nivel competitivo e adquirir a
madurez necesaria para manter o ritmo durante os 60 minutos. As
rotacións son clave para manter o nivel físico diante dun rival que
xoga con moito ritmo.
Os dous equipos necesitan os dous puntos; para manter obxectivos
diferentes na clasificación.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Carballo e o Ceip Fogar; serán unha das sedes do balonmán 5. A mañá do sábado, nas quendas das 10:00, 10:45, 11:30, 12:15; Insplaber Xiria, Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria, xogarán para completar a xornada 3.