Derrota do Nordata Xiria en Carballal

O Nordata Xiria caeu derrotado na casa do Bm. Carballal este pasado sábado, despois da disputa da sexta xornada da Liga Ouro.

Viaxaban con algunha baixa as carballesas, ademáis dunha rigurosísima expulsión no minuto tres de xogo, que atenazou durante un tempo o nerviosismo das xogadoras visitantes que tardaron en facerse á nova situación. O primeiro tempo transcorreu de forma errática, pero aguantando as opcións para o segundo tempo (13-9, descanso).

No segundo tempo, tiraron as carballesas de casta conseguindo chegar a un 19-18 e con posesión para empatar, pero dous erros no pase, deixaron escapar ás viguesas no que sería xa unha diferenza insalvable.

Esta fin de semana toca descansar e na vindeira xornada do 17-18 de decemebro, o Nordata Xiria recibirá na casa o Bm. Caselas, en busca da vitoria que lle permita seguir no alto da táboa.