Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

primeira derrota en liga do garaysa xiria

Chegaba a Carballo o Clínica Deza Lalín, un rival sempre perigoso e que facía presaxiar que o partido ía ser igualado ata o final. Tardaron moito os carballeses en meterse…

Chegaba a Carballo o Clínica Deza Lalín, un rival sempre perigoso e que facía presaxiar que o partido ía ser igualado ata o final.

Tardaron moito os carballeses en meterse no partido, o Lalín facía estragos na defensa local e as constantes perdidas de balón do Garaysa levaban o adestrador local a pedir tempo morto cando aínda ían 9 minutos de encontro. Nin con esas conseguían os locais achegarse o marcador que mantivo diferenzas de 3 e 4 goles toda a primeira metade 15-19.

Logo do descanso e cunha defensa moito máis activa conseguían os locais poñerse por diante no marcador. O partido chegaba moi igualado os últimos 5 minutos e aí o Lalín aproveitou as perdas de balón dos carballeses para romper o partido ou seu favor.

Agora tócalle ao Garaysa Xiria na seguinte xornada xogar co Bm. Chapela, en Redondela.

Incidencias: Partido disputado non Pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Gabriel Foleoso Capelo do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Adrián (15´), por parte do Garaysa Xiria, namentres que polo equipo visitante foron sancionados J. Iglesias (8´), Alberto Otero (15´), Isaac Couso (36´). 7 metros: Garaysa Xiria 1/1 Clínica Deza Lalín 5/5.

GARAYSA XIRIA 34 (15 + 19): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (3), Daniel Mallo, Alejandro Gómez (9), Mario Cancela (5), Juan Pereira (2), Diego Antelo, Iago Rincón (4), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (9), Franco Rial (1), Xurxo Díaz

CLÍNICA DEZA LALÍN 37 ( 19 + 18 ): Juan Laed, A. Maceira, Ángel Otero, J. Iglesias (5), Isaac Couso, Alberto Otero (2), Cristian Expósito (5), Santiago Peña (4), Xabier Crespo (6), Alberto Rodríguez (6), Rodrigo Conde (4), Diego Gil (5).