Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 21 – CAIXANOVA OAR 44

Procasa Xiria: Martín, Nogales (3), Álex (6), Jorge (3), Luis (1), Javi (2), Rubén Anes (3) -equipo inicial-Calvete (1), Carlos, Edu (2), Martín Alfeirán, Rubén Lamas. Caixanova Oar: Miguel, Julio…

Procasa Xiria: Martín, Nogales (3), Álex (6), Jorge (3), Luis (1), Javi (2), Rubén Anes (3) -equipo inicial-Calvete (1), Carlos, Edu (2), Martín Alfeirán, Rubén Lamas.
Caixanova Oar: Miguel, Julio (1), César (21), Sergio (2), Ángel I. (1), Gonzalo (12), Ángel (7) -equipo inicial – Jaime, Rodrigo, Jorge, Adrián, Alberto.
Colexiados: O colexiados Pablo León e David Taboada estiveron ben.

O Caixanova Oar derrotou o Procasa Xiria no partido aprazado da liga regular infantil 07-08.O equipo visitante,valiuse da sua maior antropometría e forza fisica,asi como da sua maior experiencia para impoñerse con claridade o equipo de primeiro ano do Procasa Xiria.

De calquer forma,os de Carballo,cun equipo xustiño na primeira parte dada a ausencia de dous dos seus compoñentes, foron quen de manter nos primeiros compases o marcador igualado fronte a un equipo superior en idade e en envergadura,chamado a loitar polo campionato.

As forzas flaqueaban nos últimos intres da primeira parte,e os visitantes ianse cunha renda de dez goles,10-20 o vestiario.

Na segunda parte os xogadores do Procasa saironn con o mesmo desparpaxo,sen ter en conta o cansancio mostrando a calidade que poseen.O partido, de calquer forma foi moi sinxelo para os de Coruña dada a sua superioridad

Moi destacable coma sempre ademais da calidade individual dos pequenos de Carballo,a sua competitividade,intensidade e humanidade como grupo.Con isto estan chamados a ser grandes xogadores e a facer moitas cousas na base do balonmán galego.