SEIS DO NADAL COIA 19 – PROCASA XIRIA 28
Seis do Nadal Coia: (10+9): Samuel, Pablo (6), Pedro (4), Xoel (4), Andrés (3), Adrián (2), Antón -equipo inicial- Miguel, Martín, José, Jerson, Sergio, Branco, Óscar. Procasa Xiria 28 (13+15):…
Seis do Nadal Coia: (10+9): Samuel, Pablo (6), Pedro (4), Xoel (4), Andrés (3), Adrián (2), Antón -equipo inicial- Miguel, Martín, José, Jerson, Sergio, Branco, Óscar.
Procasa Xiria 28 (13+15): Martín, Luís García (4), Chouciño (4), Ricardo (5), Mario, Calvete (2), Rubén (5) –equipo inicial- José, Nogales(4), Joaquín(4).
Colexiados: Srs. Pablo León e Victor Riera.
Cuarta xornada de liga na 2ª División Cadete á que o Procasa Xiria chegaba como colíder, xunto co Rasoeiro, e na que volveu a conseguir unha nova vitoria que permite ao equipo de Carballo continuar nesa privilexiada posición.
O partido fronte ao Seis do Nadal non tivo apenas historia, xa que os carballeses se amosaron moi superiores en todas as facetas do xogo, e, aínda sen facer un bo encontro, marcharon sempre por diante no marcador. No descanso o Procasa xa gañaba por 10-13.
Na reanudación, o Procasa Xiria seguíu aumentanado a sua renda e a única incertidume era saber de canto ia ser a diferenza final a prol dos visitantes. A boa labor defensiva dos carballeses deixou ao Sedona con tan só nove tantos nesta segunda metade, mentres os carballeses acadaban quince goles, o que deixaba unha comoda diferenza que daba a súa cuarta victoria consecutiva ao Procasa Xiria, (19-28).
A vindeira fin de semana o Procasa Xiria desprazase á localidade ourensá de Ribadavia para medirse ao AC Ribeiro.