PROCASA XIRIA 23 – BM. LAGARES PONTEDEUME 17

Procasa Xiria: Naya, Antelo, Zas ( 5 ), Antón ( 2 ), Miguel ( 2 ), Damián, David ( 6 ), Jorge ( 1 ), Martín, Mecías, Brais ( 2 ), Iago ( 5 ).

Bm. Lagares Pontedeume: Ismael, Iago ( 11 ), Alvaro ( 1 ), Ángel ( 1 ), Iván, Julián ( 1 ), Mauro, Javier ( 3 ), Adrián, Lucas.

Colexiados: Nacho Pereira, regular.

Despois da derrota a pasada xornada na visita a Narón motivada pola baixa de efectivos, o equipo carballés recuperaba aos seus homes máis decisivos de cara ao gol, Álex Zas e David. Aínda así e ante a debilidade do rival o técnico local, Fernando Vázquez, sacou de inicio un equipo plagado de xogadores pouco habituais, chegándose ao intermedio cun empate no marcador, 9-9.

Nos primeiros intres da seganda metade as distancias eran curtas a prol dos de Carballo, pero nos derradiros minutos entraban en cancha os xogadores habituais que poñían terra de por medio ata o 23-17 final.