VIPECÓN XIRIA 35 – UB LAVADORES “A” 32

Vipecón Xiria 35 (14+21): Bisbi, David (7), Miguel (6), Brais (5), Iago (8), Jorge, Martín -equipo inicial- Joaquín, Antón (8), Ricardo (1), LuÍs, Heitor, Iván.

UB Lavadores “A”: 32(17+15): Diego, Darío (4), Joaquín (3), Gerardo (3), Nico (5), Rafael (4), Carlos (8) -equipo inicial- David, Dani (1), Manuel, Ivan (4).

Colexiado: Julio López.Non influíu no resultado final.

O pasado domingo o Vipecón Xiria xogaba o seu mellor partido da tempada fronte a contra un dificilísimo rival como é o Lavadores de Vigo. O partido comezaba con moita intensidade e os de Vigo que entraban con moita forza no encontro tomaban a dianteira cunha diferenza que chegou a ser de seis goles, 2-8. Lonxe de darse por vencido e, despois dun tempo morto pedido polo seu adestrador, o Vipecón Xiria non lle perdía a cara o partido e traballaba convencido de que quedaba moito tempo por xogar. Os visitantes mantiveron a vantaxe durante toda a primeira parte, pero os de Carballo, que lles foron comendo terreo pouco a pouco, firmaban un 14-17 ao descanso que mantiña as espadas en todo o alto cara a reanudación. As bancadas estaban disfrutando dun espectáculo fantástico, cheo de loita, intensidade e bo balonmán por parte dos dous equipos que prometía moito máis de cara a segunda metade.

Como era previsible, o encontro seguíu polos mesmos derroteiros e o público estalou de xúbilo cando o Vipecón conseguía empatar o encontro mediada a segunda parte. Os visitantes, facían un 5-1 zonal sobre o xogador carballés David, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido no partido e xa non o deixarían escapar nun arreón final cheo de intensidade defensiva, rápidos contraateques e un xogo vistoso e ordenado no ataque posicional, mostrando en todo momento un estado físico envidiable. En definitiva, dous puntos importantísimos e un partido dos que fan que os nosos xogadores crezan moitos enteiros en todos os aspectos.

Na próxima xornada o Vipecón deberá visitar a pista do Bm Lalín.