Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 40 – CAIXANOVA OCTAVIO 33

Vipecón Xiria 40 (19+21): Iván, David (15), Miguel (9), Jorge Bouzas (5), Álex (4), Rubén (4), Javi -equipo inicial- Bisbi, Heitor, Jorge Viñas, Luís García (1), Ricardo (2), Edu, Martín.…

Vipecón Xiria 40 (19+21): Iván, David (15), Miguel (9), Jorge Bouzas (5), Álex (4), Rubén (4), Javi -equipo inicial- Bisbi, Heitor, Jorge Viñas, Luís García (1), Ricardo (2), Edu, Martín.

Caixanova Octavio 33 (18+15): Pablo, Alberto (5), Castiñeira (4), Rodrigo (4), Xacob (5), Ismael (5), Diego(9) –equipo inicial- Barros (1), López, Bruno, Pedro, Luís, Álex.

Colexiados: Agustín Álvarez e Jorge Martínez.

Disputábase un dos partidos máis interesantes que se poden ver na División de Honra Cadete, posto que se enfrontaban, na pista carballesa, o 2º clasificado, un Vipecón Xiria invicto que comparte liderato co OAR, e o 3º clasificado, o Caixanova Octavio vigués. O Vipecón Xiria, que está nun excelente momento de xogo conseguiu facerse con dous puntos que lle permiten continuar nesa particular loita co OAR.

O encontro comezou cun equipo carballés fantástico na sua actitude e no seu xogo de ataque e contraataque, aínda que, en defensa, lle costaba moito parar o potencial ofensivo do rival. Na primeira metade, o partido foi vibrante e moi bonito de ver para o público presente nas bancadas, xa que tanto locais coma visitantes despregaban un xogo intenso e rápido, moi atractivo para os alí presentes. Foi o Vipecon Xiria quen levou a dianteira neste primeiro acto, aínda que sempre con vantaxes mínimas. No descanso o electrónico sinalaba un 19-18 a prol dos de Carballo.

O bo xogo dos carballeses e a labor arbitral, que nun momento dado deixaba aos visitantes con tres xogadores na pista, facilitaban que o Xiria se despegara no marcador mediada a segunda parte e que esa distancia fose inalcanzable para os rapaces do Caixanova Octavio. O resto xa foi cos foraneos tentando recurtar diferencias con duas mixtas sobre David e Miguel, pero unha magnifica resposta dos máis pequenos do plantel, mantiñan e incluso aumentaban a distancia, que ao final foi de sete goles, 40-33, o que permite os do Vipecón Xiria seguir compartindo o liderato co OAR da Coruña e continuar invicto na competición.

A vindeira fin de semana o Vipecón Xiria voltará a ter un dificil encontro. Os de Carballo visitan a pista da SD Teucro, outro dos equipos potentes desta liga.