Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Alevin femeninoAlevín masculino

Campionato Provincial Alevín 2007-2008

FASE FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN Durante todo o día do vindeiro sábado, 24 de maio, celebrarase na Coruña, Pavillón de San Francisco Xabier a Fase Final do Campionato Provincial Alevín.…

FASE FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN
Durante todo o día do vindeiro sábado, 24 de maio, celebrarase na Coruña, Pavillón de San Francisco Xabier a Fase Final do Campionato Provincial Alevín. Participarán 8 equipos divididos en 2 grupos de 4 equipos cada un que se enfrontarán entre eles por sistema de liguilla a unha soa volta. Os dous primeiros de cada grupo disputarán as semifinais cruzadas. Salientar que o Xiria será o único club que conseguiu meter a dous dos seus equipos nesta fase final na que tomarán parte o Caixanova Xiria A e o Caixanova Xiria B. Durante a mañá e primeira hora da tarde disputarase a fase de grupos para despois dar paso ás semifinais e final.
Os grupos están distruibuidos da seguinte maneira:
– Grupo A: Caixanova OAR B, Caixanova Xiria A, Liceo La Paz e Bm Narón.
– Grupo B: Bm Oleiros A, Bm Pontedeume B, Caixanova Xiria B e EM Camariñas.


A igualdade foi a tónica dominante na categoría alevín no Campionato Provincial que se disputou na Coruña o pasado sábado. Ao final da fase clasificatoria o Caixanova Xiria A e Caixanova Xiria B ocuparon o primeiro posto de cada un dos grupos. As semifinais tiveron os seguintes enfrontamentos: Caixanova Xiria A – Bm Oleiros e Caixanova Xiria B – OAR
Na primeira semifinal caía derrotado o Caixanova Xiria A, hai que ter en conta que estaba composto na súa totalidade por rapaces de primeiro ano, que finalmente se alzaron co terceiro posto no Campionato.
Na segunda das semifinais o Caixanova Xiria B daba boa conta do OAR que caía na súa casa ante os carballeses que dominaron o encontro de principio a fin.
A final deparaba un duelo entre o Caixanova Xiria B e o Bm Oleiros que xa na fase previa empataran a catro puntos no encontro que os enfrontou.
Despois dun mal primeiro cuarto o conxunto carballés foi mellorando acadando o empate no segundo cuarto e a vitoria no terceiro. Chegábase polo tanto con empate ao derradeiro e definitivo cuarto no que ao Xiria valíalle co empate por mor da diferenza de goles. A mesa indicou aos xogadores carballeses que levaban unha vantaxe de dous goles faltando medio minuto para rematar o encontro, un gol do Oleiros e unha perda por parte do Xiria que se traducía en sete metros en caso de transformación supoñía a vitoria final do Caixanova, pero, nunha decisión sen precedentes, os encargados de levar a conta de goles variaron finalmente o marcador e deron por gañador ao Oleiros, nunha decisión sen precedentes e pouco ou nada deportiva. O segundo posto do cadro carballés debe de saber a vitoria para os rapaces do Caixanova Xiria B e tamén debería de valer de reflexión para a inexistente organización deste evento, o máis importante na categoría na provincia de A Coruña.

Máis sobre isto