Punta del Este Xiria (14+16) 30: Sara, Sheila (5), Gabriela (2), Cristina (4), Berta (7), Marta (3) e Mariana (9) –equipo inicial- Patricia, Tamara, Carla e Olalla.
Camariñas (9+14) 23: Elena, Alicia (4), Marta (3), Laura (10), Andrea (2), Fátima (4) e Lidia -equipo inicial- Raquel, Paula, Ana, Tatiana, Jennifer C. e Jennifer P.
Bo partido do Punta del Este Xiria, que practicamente asegura o pase ao campionato galego, se ben é certo que aínda queda a última xornada por celebrarse en non se pode fallar.
Vitoria importante tamén polo sucedido a fin de semana pasada en Narón, xa que non é doado recuperar a confianza tras un varapau como o que recibiu o Xiria, aspecto que di moito sobre a capacidade do equipo. O partido foi traballado, sen dar opcións ás visitantes, que se viron superadas en todo momento pola intensidade e calidade das carballesas, sobre todo en defensa.
Xa dende o principio, e grazas á boa defensa e velocidade nas segundas oleadas, as locais puxeron terra de por medio chegando ao descanso cun cómodo 14-9. Os primeiros 20 minutos da segunda metade foron de aplastante dominio local, logrando vantaxes de ata 9 goles. Foi entonces cando o Punta del Este Xiria comezou a relaxarse, ao tempo que Edu Orgaz aproveitou esta circunstancia para dar minutos a todas as xogadoras.
