Quedan catro días para o VI TORNEO INTERNACIONAL FACHO DE HERCULES

Faltan tan só catro días para que o Grupo Lemaco Xiria cadete e o Laber Xiria xuvenil, inicien a súa participación no prestixioso torneo internacional «Facho de Hercules». O evento, que nace no ano 2009, está organizado polo BM.Artabro e celebrarase entre o 4 e 6 deste mes. Os cadetes xogarán no pavillón Barrio Das Flores e os xuvenís farano no de Novo Mesoiro. Máis de 300 xogadores entre 14 e 18 anos, daranse cita este fin de semana na Coruña.

Por unha banda, o Grupo Astur, Base Oviedo e Xixón Jovellanos, serán os representantes de Asturias. O Bueu ATL. Balonmán, SD.Teucro, BM.Lalín e Escolas Balonmán Xiria, serán os clubs galegos que acudan ao torneo e a ADS San Joanense de San Joao De Madeira (Portugal), completará o cartel e daralle o rango de internacional ao mesmo.

O Laber Xiria, xogará o Venres ás 17:00h e ás 19:00, en primeira instancia contra a SD.Teucro e en segunda contra o Juanfersa Xixón. O Sábado farao ás 10:30h contra Bueu e ás 13:30h contra o Grupo Astur. Para finalizar, segundo a posición que ocupen, xogarán a unha ou outra hora o Domingo, sendo a final ás 13:00h e a entrega de trofeos as 14:00h.

Pola súa banda, os cadetes entrarán en escena o Venres ás 15:30h contra o Teucro e ás 17:30 contra o Juanfersa Xixón. O Sábado disputasen o primeiro partido contra o Grupo Astur ás 11:00h e o segundo ás 18:00h contra Bueu. Do mesmo xeito que os xuvenís, segundo a posición que ocupen despois da xornada do Sábado, Saberase a que hora lles corresponde xogar o Domingo, sendo a final ás 12:00 e a entrega de trofeos ás 14:00h.

Os partidos de categoría xuvenil, disputaranse no Pavillón Novo Mesoiro e os de cadetes no Pavillón Barrio das Flores, aínda que as finais de ambas as categorías e a entrega de trofeos será no primeiro.

Pola súa banda, os infantís, que non compiten este fin de semana, dicir que traballan a un excelente ritmo do mesmo xeito que os seus compañeiros maiores e que entran, como estes en a súa terceira semana de pretemporada, ansiosos de que dean comezo as ligas de División de Honra o fin de semana do 20 deste mes.

CARTEL FACHO DE HERCULES