Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Quinta xornada de liga na 1ª Estatal

Quinta xornada de liga para un Calvo Xiria que tentará de manter a súa condición de invicto en Redondela este sábado ás 18:30. O rival será a SAR, nun duelo…

Quinta xornada de liga para un Calvo Xiria que tentará de manter a súa condición de invicto en Redondela este sábado ás 18:30. O rival será a SAR, nun duelo xa clásico entre dous equipos que se coñecen á perfección, e que sempre é moi igualado. Os carballeses parten ca idea de novo de impor un ritmo alto de xogo para poder beneficiarse de transicións rápidas. Romper o xogo combinativo da primeira liña local e impedir a conexión co pivote será fundamental na faceta defensiva, namentres a precisión no lanzamento, unido á velocidade do movemento do balón semellan vitais para romper a defensa da SAR.

Xoga O Goldie Xiria o sábado ás 16:15 en Lavadores a terceira xornada de liga. O equipo vai chegando a un mellor momento de xogo, na que todas as xogadoras van progresando según os obxectivos marcados. Enfronte terá a un rival moito máis conxuntado e con moita experiencia que non lle porá as carballesas as cousas nada sinxelas.

E na División de Honra os equipos carballeses se desprazan a Lalín para a súa xornada maratoniana. Ás 10:00 infantís, 11:15 cadetes e 12:45 xuvenís disputan no Lalín Arena a 4ª xornada de liga.

O Laber Xiria, afronta un difícil compromiso ante os dezáns. Os carballeses, que contan os seus partidos por vitorias, Terán que dar un paso máis no seu xogo defensivo si queren quedar cos dous en xogo, xa que enfronte terán a un plantel de moita calidade. Despois da recuperación de Santi e Roi, o Laber Xiria conta con todos os xogadores dispoñibles.

Logo da súa primeira vitoria en liga, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria parte co obxectivo de manter a liña de traballo da derradeira xornada. Non o terá sinxelo pois o rival deste sábado atravesa un gran momento de forma.

Garaysa Xiría, líder categoría con pleno de vitorias e o seu rival, o Prosem Lalín aínda non sabe o que é puntuar está tempada. O Garaysa espera mostrar a mesma imaxe que na segunda parte fronte ao Lavadores onde o equipo mantivo unha boa liña defensiva sendo clave a achega de todos os xogadores.

Máis sobre isto