Grupo Lemaco Xiria 37 – Balonmán Lavadores 23 (19-11)
Chegou o triunfo ansiado para o equipo cadete do Xiria na terceira xornada de competición, non podía escaparlle a vitoria e saíron ao campo moi concentrados e con gañas de amosar o balonmán que levan dentro os xogadores carballeses.
Comezou o encontro o Balonmán Lavadores cunha defensa moi aberta con moita profundidade e intensidade sobre a primeira liña do Xiria, a pesar de lo, os xogadores locais foron quen de superar con combinacións continuas coa segunda liña sen precipitacións e aproveitando os fallos defensivos. Tras uns inicios de igualdade a defensa do Grupo Lemaco foi atando cabos, basculando en bloque ao lado de balón, saíndo ben dos intentos de blocaxe dos pivotes e tornouse moito máis sólida poñendo en moitas dificultades a posesión do equipo rival. O Xiria aproveitou esa boa defensa para saír a contra e poñer terra de por medio xa no descanso, 19 a 11.
Tornou de defensa o Lavadores na saída da segunda metade a un 6:0 , intentando romper as penetracións do Xiria, pero os xogadores carballeses pronto atoparon por onde facer dano ao seu adversario, os ataques eran longos, desgastando ao seu rival e aproveitando os espazos xerados pola boa circulación de balón, cos minutos foise incrementando a vantaxe no marcador para acabar cun cómodo final de encontro coa máxima diferenza 37 a 23.
Xa sen descanso, o Grupo Lemaco preparará o seu seguinte encontro de Liga rendendo visita ao Balonmán Lalín este sábado a mañá.
Grupo Lemaco Xiria 37 (19): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 10, Pedro Pereira 10, Andrés Urbieta 4, Renzo Díaz 1, Xurxo Díaz, Adrián Mesejo 4, Franco Rial, Brais Vila 5, Paulo Collazo e Diego Rodríguez 2
Balonmán Lavadores 23 (11): Ivan e Edgar (porteiros) , Sergio 4, Barciela, Marcos 2, Andrés, Pablo 3, Adrián, Diego 8, Luis 4, Alejandro 1 e Enrique 1
Marcador cada 5 min: 3-3 / 6-4 / 11-6 / 13-7/ 16-8 / 19-11/ 21-13 / 23-14 / 27-17/ 31-21/ 33-23/ 37-23
Arbitraron: Pablo Barreiro e Pedro Bermúdez, excluíron a Urbieta e Brais polo Xiria e a ningún por o Lavadores


