RASOEIRO BM. 27 – VIPECÓN XIRIA 41
Rasoeiro Bm.: 27 (11+16): Cristian, Guillermo (6), Álex (3), David (13), Angel, Adrián (5), Alberto -equipo inicial-A. Rodríguez, Samuel, Antonio, Ernesto, Soliño, Álvarez. Vipecón Xiria: 41 (19+22): Zúpez, Óscar(3), Julián…
Rasoeiro Bm.: 27 (11+16): Cristian, Guillermo (6), Álex (3), David (13), Angel, Adrián (5), Alberto -equipo inicial-A. Rodríguez, Samuel, Antonio, Ernesto, Soliño, Álvarez.
Vipecón Xiria: 41 (19+22): Zúpez, Óscar(3), Julián (8), Javi (2), José (4), Álex (1), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Calvete (1), Miguel, Marc, Martín (8), Alberto (2), Edu (8).
Colexiado: Cesar Carballo,Iván Collazo.
O Vipecón Xiria, conseguíu o pasado sábado outro resultado contundente na 19ª xornada da liga de División de Honra fronte o Rasoeiro do Grove, mantendo así ese primeiro posto na clasificaión, á espera de viaxar ata Pontevedra na vindeira xornada para enfrentarse a un dos rivais máis fortes, a SD Teucro, 3º clasificado.
A primeira metade foi claramente de dominio visitante dende o inicio, sendo os xogadores de primeiro ano do Xiria os que levaban o encontro ao seu terreo, mostrando unha absoluta superioridade tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do Vipecón impúxose de xeito incontestable ante o ataque do Rasoeiro, matando o partido no contaataque e mostrando sobre o parqué do Municipal do Grove un balonmán rápido, dinámico e atractivo. A diferenza a prol dos carballeses xa era abultada no intermedio, 11-19.
A segunda parte non tivo historia, xa que o Vipecón saíu de novo como un ciclón e foi ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 27-41.
A próxima fin de semana, os de Vipecón xóganse boa parte das posibilidades de acadar o título e, en caso de conseguir os dous puntos en xogo, practicamente asegurarían a segunda posición e polo tanto un dos postos que da a posibilidade de disputar o campionato de España. O envite non será sinxelo, xa que o Teucro xógase tamén a última baza de alcanzar as duas primeiras posicións.