RASOEIRO BM. 23 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 36
Rasoeiro Bm.: 23 (8+15): Dani, Roberto (6), Cabaleiro (2), José (4), Prol (3), Adrián (2), Garrido (2) -equipo inicial- Campos (1), Ángel, Soliño, Álex (1), Iván (1), David. Ifecgás Pereira…
Rasoeiro Bm.: 23 (8+15): Dani, Roberto (6), Cabaleiro (2), José (4), Prol (3), Adrián (2), Garrido (2) -equipo inicial- Campos (1), Ángel, Soliño, Álex (1), Iván (1), David.
Ifecgás Pereira Xiria: 36 (20+16): Zúpez, David (8), Martín (6), Javi (2), Edu (1), Miguel (7), Rubén Gómez -equipo inicial- José, Mario García De Seárez (1), Calvete (3), Álex, Iván, Anes (3), Bouzas (5)
Colexiados: Fernando Eiras e Alberto Costa.
A liga de División de Honra en categoría xuvenil toca ao seu fin e o Ifecgás Pereira segue a comandar a clasificación a falta de dúas xornadas, dominando os seus partidos con absoluta superioridade. Nestes intres o equipo de Carballo ten todos os boletos na súa man para proclamarse campión galego. Bastaría con derrotar ao Cisne Bm. a próxima fin de semana no pavillón Vila de Noia.
O encontro do Grove era un partido trampa, xa que, aínda que o cadro locatario ocupa a antepenúltima posición da táboa clasificatoria, víñase mostrando como un equipo difícil de bater no seu campo, de aí os resultados que colleitaron equipos moi superiores como o Lavadores e Sedona que non foron capaces de impoñerse nesta pista.
Pero os de Xiria non estaban para xogar coa pólvora e para evitar sorpresas saíron dende o minuto un a rematar a faena pola vía rápida. As súas sinais de identidade: intensidade, defensa, velocidade, puxéronse de manifesto dende os primeiros compases para selar dous puntos importantísimos xa nos primeiros trinta minutos, 8-20.
Na segunda parte o Ifecgás Pereira baixou un pouco o seu ritmo, dado que os dous puntos xa estaban no peto, aínda que seguiron mostrándose moi superiores no xogo e no control do partido. Todos os xogadores convocados para a ocasión puideron participar e poñer o seu graíño de area para conseguir estar a un paso do soño de ser campións galegos de novo.
A semana que ven, na penúltima cornada de liga, os carballeses poderán cantar o alirón e celebrar o título se conseguen derrotar ao Cisne de Pontevedra. Esperamos polo tanto que sexan moitos os seareiros que se acerquen ao pavillón Vila de Noia para animar ao seu equipo e levalos en volandas cara a ese título tan ansiado. O partido disputarase o sábado 24 ás 12:15 h.