O pasado xoves o Concello de Carballo rendeu unha homenaxe ao Calvo Xiria polo ascenso a 1ª Estatal. O Alcalde de Carballo, Evencio ferrero, o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, recibiron na sede da Alcaldía a todo o plantel do Calvo Xiria. Durante o acto o Alcalde entregou un agasallo ao equipo e Quique, capitán do equipo, e Fernando entregaron ao Alcalde e a Luciano Calvo, presidente da AD Xiria, sendas camisetas asinadas por toda a plantilla e dúas montaxes fotográficas con fotos da fase de ascenso, realizadas por Raul López Molina.
Publicado enZ 2007-2008 Senior Masculino

