Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Repítese a historia para o Garaysa Xiria

Primeira xornada da segunda fase do campionato galego e segundo enfrontamento nunha semana entre o Garaysa e o Carballal, en Vigo. Os carballeses impuñan un ritmo alto ao comezo do…

Primeira xornada da segunda fase do campionato galego e segundo enfrontamento nunha semana entre o Garaysa e o Carballal, en Vigo.

Os carballeses impuñan un ritmo alto ao comezo do choque, o que permitía que fosen por diante no marcador con pequenas diferenzas, dun ou dous goles. Cando mellor estaban a xogar, a precipitación e o nerviosismo de verse por diante fixo que perdesen tres balóns seguidos que ao cabo marcarían o resultado ao descanso, chegando 14-12.

As sensacións eran boas, a pesar de ir por baixo. Habería que manter o mesmo nivel para chegar con opcións ao final do partido. Pero tal e como ocorreu a semana pasada, na continuación o Garaysa saía demasiado relaxado contra un rival que non desaproveitou a ocasión de marcharse no marcador. Outra vez, tocáballe remontar aos vistantes, que moi precipatados non conseguían situacións favorables para facer gol, e levaban un resultado moi avultado para como foi a primeira metade.

Unha lección que deberá aprender o Garaysa Xiria antes de volver á competición despois das vacacións.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal do Loureiro ante 150 seareiros. Colexiado: Rogelio Vermellas Mesa do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Alberto Romeu (12´) e a Iago Costas (37´) por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Alejandro Gómez (4´) e Juan Pereira (8´) / 7 metros: A.D. Carballal 4/4 // Garaysa Xiria 3/4.
Marcador cada 5 minutos: 3-4, 5-6, 9-9, 12-10, 14-12, descanso, 18-13, 22-15, 25-15, 29-18, 30-20.

A.D. CARBALLAL 30 ( 14 + 16 ): Jose Manuel Chao, Alberto Romero (3), Roi Gallego (4), Bias Cabaleiro, Mario González (2), Pablo González, Carlos Mariño (2), Iago Costas (3), Alejandro López (4), Ignacio Costas (9), Pablo Neira (2), Brais Alonso (1), Pedro Fernández.

GARAYSA XIRIA 28 ( 13 + 15 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (1), Daniel Mallo, Alejandro Gómez (7), Mario Cancela (5), Juan Pereira (1), Diego Antelo, Iago Rincón (4), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (1), Franco Rial, Xurxo Díaz.

clasifacación I fase 2