Actividades Semana Santa
Os adestramentos de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete suspéndense do luns 21/03 ao luns 28/03 (ambos inclusive): O martes 22/03 participaremos en Abegondo nun torneo. Viaxaremos en autobús, a…

Os adestramentos de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete suspéndense do luns 21/03 ao luns 28/03 (ambos inclusive):
O martes 22/03 participaremos en Abegondo nun torneo. Viaxaremos en autobús, a saída será as 08:45 dende o Pavillón Vila de Noia e o retorno ás 17:15 aproximadamente ao mesmo Pavillón. A organización entregará a cada participante un picnic para o mediodía. Os convocados para o torneo son os seguintes:
Prebenxamín: tod@s @s xogador@s
Benxamíns: os nados no ano 2006.
Alevíns: Alba, Marta, Nerea, Natalia, Valeria, Lucía, Andres, Martín, Alejandro, Samuel Regueira, Julián e Pedro.
Horarios Prebenxamín, Pavillón San Marcos
11:00 Calvo Xiria A – Calvo Xiria B, 12:00 Abengondo – Calvo Xiria A, 13:00 Abegondo – Calvo Xiria B, 13:30 Final. 14:00 entrega agasallos
Horarios Benxamín, Pavillón San Marcos
10:00 Xiria – Acaluba, 10:30 Viveiro – Xiria, 12:00 Abegondo – Xiria, 12:20 Xiria – Ártabro, 12:50 y 13:20 semifinais, 15:00 final. 16:00 entrega agasallos
Horarios Alevín, Pavillón IES Viós
10:30 Xiria – Acaluba, 11:30 Viveiro – Xiria, 13:00 Abegondo – Xiria, 14:30 Xiria – Abegondo 2, 15:30 Final Alevín (PAVILLÓN SAN MARCOS).
«Carballo Handball Festival´16», en Carballo os días 24, 25 e 26 de Marzo. Participan tod@s @s xogador@s de categoría benxamín, alevín e infantil. Os horarios serán expostos dende o luns 21 na páxina do club.
@s xogador@s de categoría prebenxamín están convocados para este evento o venres 25 de 12:00 a 18:00 horas.


