RODOVIGO SEIS DO NADAL 19 – GARAYSA XIRIA 31
Rodovigo Seis do nadal Coia 19 (8+11): Samuel, Óscar, Miguel, Xosé (10), Jorge, Santiago (1), Pablo (5), Borja, Manuel, Pedro, Yago, Yordan (3) Garaysa Xiria 31 (19+12): Martín Gómez, Rubén…
Rodovigo Seis do nadal Coia 19 (8+11): Samuel, Óscar, Miguel, Xosé (10), Jorge, Santiago (1), Pablo (5), Borja, Manuel, Pedro, Yago, Yordan (3)
Garaysa Xiria 31 (19+12): Martín Gómez, Rubén Gómez (10), Javi (1), Martín Alfeiran (2), Álex (8), Rubén Anes, Jorge (5) -equipo inicial- Iván (1), Julián, Edu, Calvete, Miguel. Non disputou o encontro Luís por atoparse encontrarse lesionado.
Colexiados: Pedro e Andrés, estiveron ben nun encontro sen problemas.
Partido, a priori, non demasiado complicado o que debía disputar o Garaysa na 25ª xornada de liga na División de Honra Infantil. O equipo carballés necesitaba obtar a vitoria para asegurarse de xeito matemático a 3ª posición e para meterlle presión ao Teucro, 2º clasificado.
O encontro comenzou con claras diferenzas no marcador a prol do Garaysa grazas a uns bos 20 minutos iniciais. Os carballeses secaban o ataque dos locais deixandoo en tan só 4 goles acadando un parcial de 4-16 nestes primeiros 20 minutos froito dunha boa defensa e utilizando o adestrador carballés, xa neste treito inicial, a todos os seus rapaces.No intermedio o electrónico reflectía un 8-19 a prol dos de Carballo.
Na segunda metade o Garaysa incrementou a vantaxe chegando a ter 15 goles de renda pero a relaxación nos minutos finais provocou que esta diminuise chegándose ao remate cun tante de 19-31.
O malo do partido foi a lesión de Julián que sufriu unha escordadura nun nocello que o manterá de baixa un mes xunto con Luís que tamén sufría a mesma doenza nun adestramento da pasada semana.