S.A.R. 27 – Grupo Lemaco Xiria 21

División de Honra Cadete Masculino

SAR Plastic Omnium 27 (14+13): Sergio, Miguel (4), Nico (2), Pablo (5), Dani (6), García (2), Noe (2) – Equipo inicial – Rodrigo, Alfaya (2), Alberto, Lois, David, Lucas (2), Vidal, Yeray (2).

Grupo Lemaco Xiria: 21 (8+13) Antonio, Carlos (7), Gabriel (2), José (1), Borja (2), Iván (4), Juanca (4) – Equipo inicial – Souto, Alex, Alberto, Dani, Outes (1).

O equipo de E.BM.Xiria en categoría cadete, viaxaba a cidade dos chocos para enfrentarse a Sociedade Atlético Redondela (SAR), clube que conseguíu na pasada campaña o ascenso a División de Honra e que sempre destacou polo seu potencial nas categorías de base. O conxunto local, chegaba a este encontro como lider da clasificación, polo que se preveía un duro e complicado partido para os bergantiñáns.

O envite, comenzaba coa igualdade no marcador como nota predominante nos primeiros dez minutos. Sendos parciais de 2-1 (un para cada equipo), mostraban as táboas no marcador no paso por ese minuto e a dous conxuntos moi erráticos nas accións de ataque, onde os gardamallas de cada equipo, impoñíanse aos lanzadores. O mazazo para os de Xiria, chegaría nos seguintes vinte minutos, onde un parcial de 3-0 e outro posterior de 4-2, rompía o partido de forma definitiva, nunha distancia que a postre, ía ser insalvable (10-5). A diferencia de antropometría e a defensa cerrada dos “choqueiros”, foi coma un muro para os bergantiñáns, que un ataque tras outro, estrelábanse contra esa muralla, ou ben, contra o seu gardamallas.A diferencia, incluso, aumentaríase nun gol máis para os locais, nun final de primeira parte, nefasto para os intereses dos de Carballo (14-8).

A reanudación, comenzaba como rematara o anterior acto e un 3-1 de parcial, facía presaxiar unha posible goleada dos redondeláns. Foi entón, cando os rapaces de Carballo sacaron a sua casta e orgullo, aumentaron a intensidade e cunha defensa máis aberta e presioante, conseguiron igualar o parcial de este tempo (13-13). De calquer xeito, a SAR, movíase en diferencias moi cómodas e controlaban o ritmo do encontro apoiados por ese feito. En ningún momento temeron os locais polo resultado, pero a imaxe dada por este equipo tan xoven de Xiria no segundo tempo, deixa boas sensacións cara a futuros compromisos e sobre todo, fala moi ben da capacidade de mellora dos carballeses.

A semana que ven, o conxunto de Xiria recibirá no Carballo Calero de Carballo ao Ártabro da Coruña, no que será o primeiro derbi da tempada. O encontro disputarase o Domingo 20/10/13 as 11:15.