Seis do Nadal-Coia: 19 (9+10): Alexandre, Anxo, Miguel (7), Oscar, Otero (3), Martín, David -equipo inicial- Ángel (4), Costas (1), Santiago (1), Yago, Muíña (3).
Decoraciones J. Bello Xiria: 33 (20+13): Buño, Iván (7), Julián (4), Diego (5), Alberto (3), Enrique (4), Oscar (2) -equipo inicial- Lolo (7), Raúl (1), Jorge, Calvo, Gabriel.
Colexiadas: Soraya Abelenda e Andrea Rodríguez.
O Decoraciones J. Bello Xiria conseguíu o pasado domingo unha vitoria máis na segunda volta da liga de División de Honra cadete masculino. O encontro correspondía á décimo sexta xornada de liga, e a visita á cidade olívica obrigaba os de Carballo a acadar os dous puntos en xogo, dada as diferenzas entre estes equipos.
A primeira parte foi claramente de dominio visitante e nos inicios xa se podía observar a superioridade dos bergantiñáns con un parcial de 1-5. Os xogadores do Xiria comezaron a funcionar como unha apisonadora e a plasmar sobre a goma de Coia o seu ritmo, mostrando unha contundencia absoluta tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do J. Bello impoñíase unha e outra vez ao ataque dos locais matando o partido no contraataque e mostrando un balonmán rápido,dinámico e atractivo cara ao espectador. A diferenza coa que os visitantes se retiraban ao vestiario (9-20) antollábase definitiva cara o marcador final.
A segunda metade non tivo máis historia, xa que o Xiria saíu, de novo, moi seguro das súas posibilidades e non deu opción en ningún momento ao Sedona para que se acercara no marcador. Pouco a pouco foron mantendo e ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 19-33.
O Decoraciones J. Bello Xiria enfrontarase, na vindeira xornada ao Balonmán Moaña, nun encontro que se disputará o domingo ás 10.30 h no Vila de Noia carballés.
