27/11/2004 9ª XORNADA
S.D. Octavio: Margarita, Paula ( 7 ), María ( 3 ), Noelia ( 1 ), Silvia, Yaiza ( 1 ), Rebeca ( 1 )– equipo inicial – Iria ( 6 ), Andrea, Alba, Sara, Ruth, Nerea
Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 1 ), Paula ( 2 ), Uxía, Yanin ( 1 ), Cristina ( 7 ), María – equipo inicial – Marta, Adriana ( 2 ), Iria ( 1 ), Jessica, Sheila.
O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria caeu derrotado ante o Octavio en Vigo na tarde do sábado por un marcador final de 21 a 14.
Non aproveitou ben as súas ocasións o Xiria que completou unha mala segunda parte, xa que na primeira o encontro resultou moi disputado e o cadro olívico so gañaba por dous goles, cun parcial de 10 a 8.
Xa na segunda metade as carballesas non souberon sacar rendemento as situacións de superioridade numérica das que dispuxeron, sete por unha das viguesas. E ademais sufriron máis da conta no apartado defensivo no que non estiveron suficientemente expeditivas.
Unha nova ocasión que se marcha de colleitar unha victoria que agardamos que non se faga esperar mais e que na próxima xornada ante o Carballal e en Vigo os dous puntos sexan desta volta para o equipo carballés.
A colexiada Sra. Comesaña repartiu acertos e erros para os dous equipos.