MARCOS RODRÍGUEZ PARTICIPA NO III CONGRESO INTERNACIONAL DE BALONMANO

Marcos Rodríguez, Director Técnico de Escolas de Balonmán Xiria e adestrador do Calvo Xiria de 1ª División Estatal, participará como ponente no «III Congreso Internacional de Balonmano» que se desenvolve en Vigo do 8 ao 10 de abril dentro das actividades paralelas á Copa do Rey de balonmán que se disputa dende hoxe na cidade olívica.

Marcos Rodríguez participará o día 8 nunha mesa redonda xunto con Fran Teixeira (Deputación de Pontevedra) e Antonio Plaza (Director Técnico da Federación Galega de Balonmán) que versará sobre a promoción do balonmán.