S.D. TEUCRO 32 – GRUPO LEMACO XIRIA 20

XORNADA 2

13/10/2012

S.D. Teucro: 32 (20+12): Miguel, Aser (7), Arosa (5), Sergio (4), Felipe (3), Marcos (3), Andrés(9) -equipo inicial- Dani, Diego, David, Christian, Peón, Oscar (1), Garrido.

Grupo Lemaco Xiria: 20 (12+8): Manuel, Iván (4), Diego (2), Lolo (1), Enrique (3), Andrés, Dani (4) -equipo inicial- Pereira (1), Buño, Calvo (2), Gabriel (2), Pablo, José, Borja, Álex.

Colexiados: David Dozo e Marcos Pérez.

O Grupo Lemaco Xiria, visitaba a cancha do Teucro na segunda xornada do campionato de División de Honra en categoría cadete. Os de Carballo acudían ao multiusos da cidade do Lérez coa ilusión de conquerir dous puntos máis contra un dos equipos fortes da categoría, despois de facer o mesmo sete días atrás ante o potente Octavio.

O encontro comezou moi igualado, con dous equipos moi centrados no seu traballo e certamente atinados fronte a meta contraria. Mediado este tempo, o electrónico sinalaba un 8-8 que non facía presaxiar o que enseguida ía a acontecer. O feito foi que, chegado este minuto, o Xiria sufriu un duro parcial de 5-0 que o puxo contra as cordas en apenas cinco minutos e a piques de rematar a primeira parte. Os de Carballo entraron repentinamente en estado de “shock” e todo o dinamismo e fluidez que presentara o seu xogo ata o momento, traduciuse nunha inseguridade contaxiosa que derivou nun partido practicamente roto a favor do Teucro rematados os primeiro trinta minutos (20-12) .

A segunda parte foi un mero tramite para o equipo local que controlou o envite ao seu antollo e non permitiu ningunha sorpresa por parte dos xogadores bergantiñáns. O resultado final do encontro (32-20) deixa os dous puntos na casa, pero un Xiria que, lonxe de desilusionarse, xa comezou co traballo da semana no día de onte para afrontar un bonito e duro partido na súa casa a próxima fin de semana.

O partido enfrontará ao Grupo Lemaco Xiria contra o Bm. Porriño, equipo que xa fora derrotado polos carballeses a domicilio na competición copeira hai un mes por dous goles de diferenza. O Pavillón Vila de Noia será o escenario do encontro o vindeiro domingo ás 10:30 h.