VIPECÓN XIRIA 46 – RASOEIRO BM. 19
Vipecón Xiria: 46 (21+25): Zúpez, Óscar (4), Martín (9), Javi (5), Calvete (4), Julián (6), Rubén Gómez (9) -equipo inicial- Álex (4), Jorge, Miguel, Rubén Anes, Marc, José (2), Cristian…
Vipecón Xiria: 46 (21+25): Zúpez, Óscar (4), Martín (9), Javi (5), Calvete (4), Julián (6), Rubén Gómez (9) -equipo inicial- Álex (4), Jorge, Miguel, Rubén Anes, Marc, José (2), Cristian (3).
Rasoeiro Bm.: 19 (8+11): Cristian, Guillermo (4), Álex (2), David (3), Ángel (2), Adrián (1), Alberto (2) -equipo inicial- A. Rodríguez (1), Samuel (4), Sergio, Antonio, Pablo, Campos.
Colexiados: Andrés Rosendo e Carla Diz.
Nova vitoria do Vipecón Xiria na oiteva xornda de liga na División de Honra cadete. Os carballeses vencían ao Rasoeiro do Grove por un avultado 46-19. A contundencia desta vitoria permite ao Xiria conservar o liderato, unha semana máis, por mellor diferencia de goles con Teucro, OAR e Lalín, á espera de recibir na vindeira xornada precisamente á S.D Teucro.
A primeira metade foi claramente de dominio local dende o inicio, sendo os xogadores de primeiro ano do Xiria os que levaban o encontro ao seu terreo, mostrando unha absoluta superioridade tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do Vipecón impúxose con claridade ao ataque dos do Grove, matando o partido no contaataque e mostrando sobre o parqué do Vila de Noia un balonmán rápido, dinámico e atractivo. A diferenza coa que os locais se retiraban aos vestiarios xa deixaba o partido finiquitado, 21-8.
A segunda parte non tivo historia, xa que o Vipecón saíu de novo como un ciclón e conseguiu outro parcial de escándalo, 25-11, para deixar un marcador no remate do encontro de 46-19.
Como dicíamos o seguinte compromiso do Vipecón será fronte ao 2º clasificado, a S.D. Teucro, o domingo, 12 de decembro ás 10.30 h no pavillón Vila de Noia. Importantísimo encontro dada a igualdade que existe na parte alta da táboa con Vipecón Xiria, Teucro, OAR e Lalín igualados con 14 puntos e Octavio pisándolles os talóns con 12.