S.D. TEUCRO SUPER. MOLDES 24 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27

S.D. Teucro Supermercados Moldes: 24 (11+13): Martín, Pombo (7), Álex, Dani (6), Santi (2), Aarón (2), Carlos (2) -equipo inicial- Rodrigo (2), David, Julio (2), Tomás, Tilve (1), Marcos.

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (9+18): Zúpez, Anes (1), Martín (7), Javi (6), Miguel (3), Álex, Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Edu (2), Calvete (2), Bouzas (5), Iván, José, Mario.

Colexiados: Farruco Soliño e Manuel Currás.

Partido correspondente á derradeira xornada de liga na División de Honra en categoría xuvenil e que enfrontaba a o xa campión galego, Ifecgás Pereira Xiria, e a o segundo clasificado de forma matemática, SD.Teucro.

Aínda que o encontro no revestía ningunha trascendencia a efectos clasificatorios, si levantou moita expectación, xa que se enfrontaban os dous mellores equipos este ano en Galicia na categoría xuvenil e polo tanto prometía ser vistoso e entretido.

Dende o inicio, os dous planteis puxeron en liza toda a intensidade posible no terreo de xogo, feito que deixaba ben claro que o orgullo por conquerir os dous puntos era moi alto. Nesta primeira entrega comandaba o Teucro, tanto no xogo como no marcador e impoñía a súa defensa ao ataque dos carballeses, que non atopaban a maneira de perforar a meta local. Os do Lérez estaban a facer un encontro moi completo, apoiándose na súa inconmensurable labor na retagarda e exhibindo un xogo táctico e combinativo no ataque posicional que impedía as rápidas transicións dos bergantiñáns. Na retirada aos vestiarios o electrónico sinalaba un 11-9 a prol do equipo local e todo por dilucidar no segundo acto.

Na reanudación, foi o equipo de Xiria o que impuxo un maior ritmo e o partido entrou nunha fase de igualdade que marcou boa parte deste tempo. O Ifecgás Pereira mostraba unha forma física excelente en todos os seus efectivos e, mentres avanzaban os minutos, eles seguían crecendo en ritmo, mentres que os locais íanse esvaecendo e quedando sen gasolina. Os dez últimos minutos foron onde realmente se abriron as diferenzas; os visitantes mostraban esa defensa que os acredita como equipo menos goleado na liga, isto permitíalles utilizar a súa mellor arma, o contragolpe e desabolar ao equipo de Pontevedra por todos os flancos. Nin a inferioridade de un e incluso dous menos dos de Carballo foi capaz de frear aos rapaces de Xiria que souberon ter paciencia nos momentos claves e tomar a mellor decisión nos últimos instantes.

Esta vitoria deixa o Ifecgas Pereira Xiria como CAMPIÓN GALEGO cunha soa derrota nas vinte dúas xornadas de liga e con toda a ilusión do mundo para afrontar o SECTOR DO CAMPIONATO DE ESPAÑA que SE CELEBRARÁ, PRECISAMENTE, EN CARBALLO (PAVILLÓN VILA DE NOIA) OS PRÓXIMOS 27,28 E 29 DESTE MES.