SAR Plastic Omnium 31 – Grupo Lemaco Xiria 38

COPA FEDERACIÓN – DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINO

SAR PLASTIC OMNIUM: 31 – GRUPO LEMACO XIRIA: 38

SAR Plastic Omnium 31 (14+17): Sergio, Miguel (3), Noe (2), Pablo (2), Yeray (7), Alfalla (2), Víctor (4) – Equipo inicial – Amoedo, Lois (5), Lucas (2), Iago (1), Pablo, Sergio, Santamaría, Orge (3).

E.BM.Xiria: 38 (18+20) Antonio, Carlos (10), Xurxo (1), José (6), Dani (5), Juanca (14), Alex – Equipo inicial – Souto, Alberto, Tito (2).

O equipo de E.BM.Xiria en categoría cadete, viaxaba a cidade dos chocos para enfrentarse a Sociedade Atlético Redondela (SAR) na segunda xornada da Copa Federación. Ó conxunto de Carballo, afrontaba este partido mermado de efectivos, xa que catro xogadores de segundo ano, estaban de excursión de fin de curso co seu instituto.

O envite, comenzaba co conxunto local amosando a súa superioridade física no 1×1 e mandando no primeiro parcial, presentandose moi superior a defensa dos de Xiria (5-2 minuto 5). Foi tan só cuestión de tempo que os bergantiñáns entraran no partido, axustaran a súa defensa, respondera de xeito excelente a súa portería (13 paradas no primeiro tempo) e meteran esa quinta marcha ó seu xogo para impoñerse nos seguintes parciais. Deste xeito, xa tiñamos aos verdibrancos raiando a un gran nivel e tomando a dianteira no marcador cando todavía faltaban dez minutos para o tempo de descanso (11-13). O control agora, pasara a máns dos do Grupo Lemaco, que, cun balonmán disciplinado, dinámico e cheo de intención, superaban de xeito claro aos locais. No descanso, o electrónico reflectía un 14-18 e deixaba moi boas sensacións polo xogo dos carballeses.

A reanudación, comenzaba como rematara o anterior acto; un Xiria dominador, traballador, solidario en tarefas atacantes e xeneroso no posicional, facía posible que todas as individualidades sumaran a favor do senso de grupo. Nesta segunda parte, o xogadores carballeses non cederían ningún parcial en contra e cerrarían de forma definitiva ó encontro entre o minuto 20 e 25, cando conseguían un 1-5 de parcial, demoledor para a moral dos choqueiros. Con estes dous novos puntos na Copa, o Grupo Lemaco Xiria conta os seus partidos por victorias e ocupa o primeiro posto na táboa

A semana que ven, o conxunto de Xiria recibirá no Carballo Calero de Carballo ao OAR da Coruña, no que será outro novo e a bo seguro, intenso derbi da tempada. O encontro disputarase o Domingo 04/05/14 as 11:15.