Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

SD OCTAVIOVIGO 36 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 15

SD Octavio Vigo: 36 (15+21): Pablo, Diego (2), Gonzalo (6), Rodrigo (3), José (3), Germán (9), Rubén (5) -equipo inicial- Ismael, Crespo (3), Bruno, Xacob (2), Adrián (2), Joaquín, Antón…

SD Octavio Vigo: 36 (15+21): Pablo, Diego (2), Gonzalo (6), Rodrigo (3), José (3), Germán (9), Rubén (5) -equipo inicial- Ismael, Crespo (3), Bruno, Xacob (2), Adrián (2), Joaquín, Antón (1).

Ifecgás Pereira Xiria: 15 (7+8): Iván, Brais (2), Iago (2), Joaquín (2), Miguel (6), Alvarito, Ricardo -equipo inicial- Dani, Martín, Luís (2), Cristian (1), Jorge Viñas, Mario.

Colexiadas: Andrea Rodríguez e Tania Rodríguez.

O Ifecgás Pereira Xiria disputou o pasado domingo a semifinal da Copa Federación fronte a un dos rivais con máis potencial da categoría, o Octavio, subcampión de liga. Os de Carballo caeron na pista viguesa do Frontón por 36 – 15. A final xogarana Octavio e OAR na cancha dos vigueses.

O encontro comenzou frío, con puco ritmo e escaso dinamismo por parte dos dous equipos, coa cabeza noutro lado, os de Vigo pensando no Campionato de España e os do Xiria con moitas mermas físicas e de efectivos. O conxunto local aproveitaba os seus baluartes ofensivos e, sobre todo, as saídas en primeira oleada dos seus homes para perforar a portería carballesa e conseguir unha renda importante dende o inicio. Con este panorama, o técnico visitante viuse obrigado a pedir o primeiro tempo morto cando o parcial dos locais xa se elevaba a 6-1. Este primeiro asalto foi moi desigualado e cos vigueses sempre por diante no marcador disfrutando de diferenzas moi cómodas. Ao descanso chegouse cun marcador de 15-7 que parecía poñer as cousas moi costa arriba para os visitantes.

A reanudación non foi diferente, o envite estaba a ser placido para o equipo olívico, pero o obxectivo do Xiria era o de dar minutos a todos os seus xogadores, que tiveran experiencias e sensacións no xogo cara a súa progresión individual. Todos eles tiveron momentos destacados e víronse detalles individuais interesantes en xogadores que apenas levan dous anos na práctica do balonmán. Neste sentido o encontro serviulle de moito ao técnico bergantiñán Fernando Vázquez. Os de Carballo rematan a competición deixando o equipo xuvenil na máxima categoría do balonmán galego e caendo nas semifinais de Copa contra o subcampión galego. Ademáis, ata tres xogadores deste equipo debutaron co equipo sénior de 1ª Estatal esta tempada, dous de eles en competición oficial, polo que o traballo de formación cara a conseguir xogadores que militen no primeiro equipo parece que se conseguíu.

Agora só queda descansar e preparar o equipo cara a vindeira campaña, un plantel que ten todas as aspiracións de estar nos postos máis altos da taboa clasificatoria.