SD TEUCRO: 46 – GRUPO LEMACO XIRIA: 35
CADETE DIVISIÓN DE HONRA SD.Teucro: 46 (22+24): Andrés, Jacobo (8), Marcos (6), Pedro (5), Sergio (6), David (5), Oscar (9) – Equipo inicial – Manuel (1), Altirribia (1), A.Rey (1), Edu…
CADETE DIVISIÓN DE HONRA
SD.Teucro: 46 (22+24): Andrés, Jacobo (8), Marcos (6), Pedro (5), Sergio (6), David (5), Oscar (9) – Equipo inicial – Manuel (1), Altirribia (1), A.Rey (1), Edu (2), Anxo (2).
Grupo Lemaco Xiria: 35 (17+18) Antonio, Carlos (5), Gabriel (5), Tito (1), Borja, Iván (12), Juanca (11) – Equipo inicial – Souto, Alex, Alberto, Dani, Outes (1), Diego, Xurxo.
O equipo de E.BM.Xiria en categoría cadete, viaxaba a cidade do Lerez para enfrentarse a SD.Teucro, clube que ocupaba a segunda praza da táboa clasificatoria, aventaxando en tan só dous puntos aos bergantiñáns. Os de Carballo sabían da dificultade do envite, pero viaxaban coa ilusión de seguir escalando posicións que lle acercaran todavía máis a cabeza da clasificación e polo tanto de arrebatarlles ese segundo posto o seu rival. O encontro comenzou con dos equipos entregados a tarefas atacantes e, polo contrario, con enormes lagunas defensivas que poñían as cousas demasiado sinxelas para os lanzadores e excesivamente complexas para os seus gardamallas. O partido convertíase nun correcalles e os parciais avultados, sucedíanse para un e outro lado de xeito alternativo, debido a que ningún dos dous conxuntos mostraba un xogo regular e disciplinado. O Grupo Lemaco daba moitas facilidades polos exteriores da sua defensa e nunca foi quen de frear as acometidas dos pontevedreses. O 4-1 de parcial dos últimos cinco minutos do primeiro tempo, poñía as cousas moi costa arriba para os carballeses que cedían terreo xusto no peor momento (22-17).
A reanudación, comenzaba como rematara o anterior acto e un 3-1 de parcial, facilitaba moito máis o traballo dos locais. A partires de este momento, as diferencias practicamente non aumentaron, e a igualdade predominaba nos diferentes parciais ata o remate do envite. Os do Teucro controlaban a distancia de forma sinxela e os do Grupo Lemaco, inda que o intentaron con diferentes alternativas, non se mostraron capaces en ningún momento de frear as acometidas locais. Con este resultado, o conxunto do Xiria pasa a ocupar a sexta praza da clasificación, a espera de recibir a próxima fin de semana ao terceiro clasificado da liga, o Lucero de Cangas, potente e difícil rival que sin ningunha dúbida será un escollo difícil de bater por parte dos carballeses.