CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA PROMESAS

O xogador cadete, que milita no Vipecón Xiria, David García Pichel atópase, dende hoxe e ata o vindeiro día 1 de novembro, concentrado coa Selección Española Promesas na localidade salmantina de Béjar.
Alí o combinado nacional, que prepara Juan Antonio García Herrero, xogará 3 partidos amigables. O mércores fronte ao Bm. Ciudad de Salamanca e o venres e sábado dobre confrontación coa selección portuguesa.
O xogador carballés xa participara na concentración nacional cadete que tivo lugar en Soria no mes de xullo.