Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

SEIS DO NADAL COIA 22 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31

Seis do Nadal-Coia: 22 (9+13): Carlos, Pedro (6), Manuel, Javier (5), Diego (1), Xoel (6), Andrés -equipo inicial- Dani (1), Adrián, Ezequiel, Luis (3), Alfredo, Ángel. Ifecgás Pereira Xiria: 31…

Seis do Nadal-Coia: 22 (9+13): Carlos, Pedro (6), Manuel, Javier (5), Diego (1), Xoel (6), Andrés -equipo inicial- Dani (1), Adrián, Ezequiel, Luis (3), Alfredo, Ángel.

Ifecgás Pereira Xiria: 31 (15+16): Zúpez, Bouzas (8), Martín (6), Javi (2), Miguel (5), Edu(4), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- Calvete (2), Mario, Anes (1), Iván, Álex.

Colexiadas: Soraya Abelenda e Andrea Rodríguez.

Partido sinxelo e sen complicacións o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Seis do Nadal vigués no pavillón de Coia e no que os visitantes puxeron de manifesto a súa absoluta superioridade.

Non deron opción os bergantiñáns a unha posible sorpresa e saíron moi concentrados, sabedores de que o título galego está en xogo en cada partido. Os de Xiria non notaron a falta do seu xogador David García, que nestes días está participando coa selección nacional xuvenil no Campionato do Mediterráneo en Portugal.

Comezaron os foráneos defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas a partir do meridiano da primeira parte, e xa no remate do primeiro tempo o partido concluíra a prol dos de Xiria, 9-15.

Na reanudación, o Ifecgás Pereira controlou perfectamente o ritmo do encontro e cun xogo sobrio e maduro o envite resultou cómodo e con pouco desgaste para os xogadores. O marcador final (22-31) mantén aos de Carballo no máis alto da táboa clasificatoria a tan só seis encontros para o remate da liga regular. O soño de acadar o campionato galego está cada vez máis cerca, aínda que quedan duros rivais no camiño.

A fin de semana que ven, os carballeses recibirán ó Bueu no pavillón Vila de Noia, o domingo ás 12.00 h.