SELECCIÓN GALEGA XUNIOR

O xogador xuvenil do Garaysa Xiria Iván Amarelle acadou coa Selección Galega Xúnior Masculina o título do Torneo Eixo Atlántico, que se disputou a pasada fin de semana en Lalín. O combinado galego derrotou na fase de grupos aos combinados da Coruña, Porto e Gaia para posteriormente impoñerse na semifinal a Asturias e na final ao combinado luso do Porto.