Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

SERGIO TASENDE, OPERADO SATISFACTORIAMENTE

Sergio Tasende Verdes, xogador xuvenil do Laber Xiria de División De Honra, foi operado de forma satisfactoria da rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo o pasado catro…

Sergio Tasende Verdes, xogador xuvenil do Laber Xiria de División De Honra, foi operado de forma satisfactoria da rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo o pasado catro de Xaneiro. O central carballés, que non puidera comezar a tempada co seu equipo, debido á lesión que se producía na parte final dun adestramento unhas semanas antes do inicio da mesma, atópase xa no domicilio familiar gardando repouso e á espera das novas pautas a seguir que lle indiquen os doutores a próxima semana. Estamos seguros de que Sergio, que sempre demostrou ser pacente e metódico nas recuperacións dos seus problemas físicos, conseguirá, unha vez máis, sobrepoñerse a esta importante lesión e superar de forma exitosa a rehabilitación do seu xeonllo. Dende o club Escolas Balonmán Xiria, queremos desexarlle ao bravo xogador unha pronta e sobre todo óptima recuperación para que a tempada que vén, xa como xuvenil de segundo ano, poida gozar de novo á beira dos seus compañeiros e amigos do deporte que tanto lle gusta.

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto