LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 15
02/02/2013 SOLLA Y CÍA CONSTRUCCIONES SL 33 – CALVO XIRIA 29
Solla y Cía Construcciones SL 33 (15+18): Antón [p], Casal (1), Roberto (9), Vidal (9), Rubén (3), Ángel, Cid (6) -equipo inicial- Pablo [p] Camino (2), Cuadrado, Gestido, Esteban (1), Fabián (2), Adrián.
Calvo Xiria 29 (16+13): Iago [p], Ramón (2), Jesús (1), Chimpo (7), Cuco (2), Manuel (2), Sergio (5) -equipo inicial- Naya [p], Jorge, Pablo (3), Dubra (4), Brais, Mario, Gonzalo (3).
Colexiados: Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez da Federación Territorial Galega. Excluíron aos locais Ángel (2´), Casal (12´e 53´) e Vidal (29´) e aos visitantes Cuco (27´) e Gonzalo (49´).
Marcador: 2-2, 5-6, 7-8, 10-11, 12-13, 15-16(descanso);19-18, 22-20, 25-24, 27-25, 29-28,33-29(final).
7 metros: Solla y Cía Construcciones SL: 3/4 ### Calvo Xiria: 3/3
Preto de 350 seareiros no renovado Pavillón de Chapela. Corenta eran voces verdibrancas apoiando aos seus.
Retomábase a liga de 1ª Estatal logo do parón por mor do Mundial e facíao para os carballeses nunha pista moi complicada, a o do Municipal de Chapela, na que logo dunha dura e inxusta batalla caía por unha diferenza de catro goles lograda polos locais nos derradeiros cinco minutos.
Partido no que os carballeses por unha parte sentiron a baixa de Álex na súa parcela defensiva na que se viron superados pola capacidade de lanzamento de Vidal e a velocidade de Roberto, autores cada un deles de nove goles, e por outra aproveitaron a alta de Pablo en labores ofensivas para darlle descanso aos xogadores de primeira liña do Calvo Xiria e deste xeito manter un ritmo máis alto nos seus ataques, acadando moitas situacións para lanzamentos sinxelos, o que nas próximas xornadas pode ser vital para as aspiracións do Xiria.
Nada se lle pode reprochar aos xogadores carballeses que deixaron todo o que levan dentro neste encontro, cun resultado que para nada fai xustiza ao visto no pavillón redondelán. O encontro tinguiuse dende o inicio de cor negra, a dos colexiados neste encontro, xa que foron os que mantiveron no encontro ao Chapela nos momentos complicados que tivo, impedindo ao conxunto visitante marcharse no marcador e deste xeito poder controlar o ritmo do encontro ao seu antollo.
Unha mágoa esta influenza pero de seguro que os verdibrancos seguiran loitando no que queda de tempada por achegarse aos postos máis nobres da clasificación.
A vindeira xornada o Calvo Xiria de novo xogará lonxe do Municipal Carballés. Deste volta será en Bueu, ante un rival que se xoga moito en cada un dos envites que lle restan de aquí ao final da tempada.