Bo partido do Goldie Xiria

Estivo a un bo nivel o Goldie Xiria no partido no que se enfrontou ao Rasoeiro Bm o pasado sábado no Vila de Noia, agás no inicio do segundo  tempo no que as xogadoras carballesas non entraron no partido ao mesmo ritmo que as súas rivais, motivado quizais, pola falta de rotacións na primeira liña logo do golpe que apartou do encontro a Natalia Solís.

A base de entrega na faceta defensiva e mobilidade no ataque, o Goldie plantou cara a un rival que na primeira volta se levou a vitoria por 32 goles a 10, o que fala ben ás claras da progresión que están a manter as xogadoras do Goldie ante as súas rivais, pois pasar de un   -22 a un -6 non e cuestión sinxela. As vindeiras xornadas, unha vez iniciada xa a segunda volta, debe de enfocarse con eses matices para poñer nota ao equipo a final de liga.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 200 seareiros. Colexiados: José María Garcia Cortizo e Christian García Fernández do colexio galego.Castigaron con exclusión polo Goldie Xiria a Raquel (9´), Sheila Ferreiro (40´), Elena Segade (42), namentres polo Rasoeiro Bm foron sancionadas Valentina Cascone (19´), Sara García (41´). 7 metros Goldie Xiria 1//4   Rasoeiro Bm 3//4. Marcador cada 5 minutos: 2-3, 4-8, 4-9, 6-10, 10-11, 11-13, descanso, 12-17, 14-18, 16-22, 18-24, 20-26, 21-27.

GOLDIE XIRIA 21 (11+10): Brenda Noya [p], Andrea Pose [p], Juana Garrochena (10), Alba Rodríguez (3), Natalia Solís (1), Saray Couto, Nuria Noya, Uxía Pazos (1), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (3), Diana Rodríguez, Zeltia Landeira, Elena Segade (2).

RASOEIRO BM 27 (13+14): Ángela López (2), Carla Casal (11), Valentina Cascone, Ariana Vázquez (7), Sara García (/4), María López (2), Patricia Rodríguez, Alicia González, Ana Torres, Rosalía Parada, Paula Pintos, Tania Padín (1)