Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Terceira posición para o Grupo Lemaco tras vencer a Sar de Redondela

SAR Redondela 23 – Grupo Lemaco Xiria 45 – (15-26) O Grupo Lemaco acada a terceira posición na Liga de División de Honra de Galicia e xogará a Fase Final…

SAR Redondela 23 – Grupo Lemaco Xiria 45 – (15-26)

O Grupo Lemaco acada a terceira posición na Liga de División de Honra de Galicia e xogará a Fase Final para clasificarse para o Campionato de España.

Partido sen complicacións para os de Carballo que dominaron dende o comezo amosando unha enorme superioridade na pista. Moi metidos no encontro dende o inicio, un 0 a 4 inicial obrigaba aos redondeláns a solicitar un tempo morto, pero nada cambiaría no partido, o Xiria foise aos 26 goles nesta primeira metade.

Na continuación, o Grupo Lemaco apremou en defensa e seguiu marcando con facilidade no ataque, con contras e variedade ofensiva o Xiria pechou o encontro con ese marcador final de 23 a 45.

SAR Redondela 23 (15): Adrián Alonso e Mario González (porteiros), Iñaki Míguez, Angel Sotelo 2, Diego Comesaña 4, Daniel Virulegio 6, Mateo Gallego, Sergio Otero 3, José Dos Santos 2, Breixo Docampo 2, Martín Alfaya e Alexandre Martínez 4

Grupo Lemaco Xiria 45 (26): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Adrián Mesejo 5, Mario Cancela 5, Dani Mallo 5, Franco Rial 5, Juan Pereira 2, Mario Rincón 3, Diego Antelo 1, Diego Carracedo 3, Aaron Rodríguez 4, Iago Rincón 4, Fernando Mallo 2 e AlexGómez 6.

Marcador cada 5 min: 3-5/ 6-9 / 8-14/ 10-17/ 12-22/ 15-26/ 16-31/ 18-35/ 21-36/ 21-38/ 22-41/ 23-45

Arbitraron: José María García e Patric Espada, sen complicacións

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto