Tirso de Molina: Rafa, Jaime (4), Carlos (8), Pablo (6), José (4), Enrique (1), Fernando (1) -equipo inicial- David, Adrian, Diego (2), Álex (3)
Procasa Xiria: Martín, Edu, Álex (8), Jorge (8), Luis (4), Javi (2), Ruben (7) -equipo inicial- Calvete, Nogales, Martín Alfeirán.
Colexiados: Os colexiados Hector e Enrique estiveron moi desafortunados e influiron directamente no resultado, pero hai que seguir apoiando a estes arbitros noveis que non teñen culpa ningunha de que existan certos individuos nalgunhas pistas que se serven desa inexperiencia para enganalos.
O pasado Domingo disputouse a última xornada da primeira volta na liga regular infantil masculina e o equipo de primeiro ano, o Procasa Xiria, conqueriu en honra a verdade, unha victoria por dous tantos de diferenza, aínda que o marcador final segundo os arbitros reflectira un empate a vinta e nove.
Chegouse a este resultado, oficial pero incorrecto polas trampas feitas pola mesa do equipo local, que na primeira metade quitábanlle un gol ao equipo visitante e na segunda subía sen máis outro gol a prol dos locais. Non é a primeira vez que pasa isto na pista do Tirso, pero nas dúas ocasións anteriores había dous arbitros de experiencia, que, por sorte, levaban ben as súas contas particulares, cousa que non sucedeu neste partido.
De todas formas, aínda que este é un feito desagradable, máxime nun partido de infantís, pasaremos páxina e diremos que o Procasa Xiria demostrou unha superioridade aplastante no xogo e coñecementos balonmanísticos.
Os xogadores visitantes deron un recital en defensa, pechando liñas de pase e interceptando baloós, que, con rápidos contraataques, remataban na rede dos ferrolás. No ataque posicional, os do Tirso non eran quen de parar o xogo sen balón dos carballeses así como tampouco a súa habilidade no un contra un. De aí o marcador avultado ao rematar o primeiro acto de 10-19, que como diciamos con anterioridade, debería de ser de 10-20.
Na segunda parte, os locais utilizaron unha defensa non permitida hai dous anos nesta categoria, e con toda seguridade, pouco apropiada no aprendizaxe nestas idades, pero de calquera xeito priorizaron intentar gañar un partido antes que cubrir esas etapas pedagóxicas. Así foi que, ante a menor antropometria dos de Carballo e a falla de lanzamento exterior, os do Tirso encerráronse nunha defensa cinco un, que máis tarde e sen ningun escrupulo convertiríase nunha 6:0 sen sair de seis metros. Isto propiciou que os do Procasa tiveran mais dificultades, dado as deficiencias antropométricas,e axudou aos colexiais a acercarse no marcador ata o oficial pero erroneo 29-29 final.
A lectura final do encontro é que os xogadores do Procasa seguen a demostar a sua calidade, sendo o único equipo que foi capaz de xogar o balonmán, e que, cando as características antropométricas se igualen (cadetes-xuvenis) serán moi superiores a rivais como os do outro día, que aproveita nestas idades a sua maior forza e envergadura sen desenvolver as habilidades propias do deporte en cuestión.
