VIPECÓN XIRIA 46 – BM NARÓN 18

Vipecón Xiria 46 (26+20): Bisbi, David (2), Miguel (12), Iago (5), Brais (6), Martín (1), Ricardo -equipo inicial- Joaquín (1), Damian (2), Antón (9), Heitor (2),Chou, Jorge (6), Luis.

Bm Narón 18 (12+6): Miguel,Iago (10), Alberto (3), Sergio (1), Pedro (4), Adrián, Fernando -equipo inicial- Alberto, Alesandro, Bruno, Nores, Ivan, Basoa.

Colexiado: José I. Pereira Navaza. Non influíu no resultado final.

Segundo partido e segunda vitoria do Vipecón Xiria na fase de clasificación para a División de Honra. O equipo carballés estreábase diante da súa afección, unha inchada que acudiu en gran medida o pavillón da Zona Escolar. O partido comezou cos visitantes facendo dúas mixtas, unha sobre David e outra sobre Miguel, o que propiciou maiores espazos para os bergantiñáns no catro contra catro e situacións moi sinxelas de gol sós ante o porteiro. Foi só cuestión de tempo que os locais puxeran terra de por medio, simplemente cando tiveran acerto nos lanzamentos de seis metros e comezaran a ser contundentes na defensa. De esta forma o partido transformouse nun mero tramite para o Vipecón dada a súa superioridade en todas as facetas do xogo. Xa nos primeiros trinta minutos o marcador reflectía un contundente 26-12 a prol dos locais.

A segunda parte transcorreu do mesmo xeito e permitiu que todos os xogadores carballeses tiveran minutos de xogo. O definitivo 46-18 non deixa lugar a dúbidas da calidade dun e outro equipo nestes intres.

O próximo Sábado o Vipecón xogará fornte ao OAR na difícil pista de San Francisco Xavier, ás 16:30 h, xusto antes do partido que enfrontará os dous equipos de 1ª nacional OAR e Calvo Xiria e rematará a competición o domingo recibindo na Zona Escolar de Carballo ao EM Camariñas, tendo xa, practicamente asegurada a súa clasificación para a División de Honra.