O Garaysa Xiria non consegue frear ao Cisne

Ao longo do partido a defensa local viuse superaba polos pontevedreses que imprimían velocidade ao xogo e conseguía lanzamentos cómodos.
Desta forma fómonos a un tenteo moi elevado; onde cada pequeno erro en ataque faría que a diferenza no marcador aumentase.

O Garaysa deberá volver ás súas orixes onde o labor defensiva de todos, era a pedra angular para crecer e progresar como equipo.

A seguinte xornada reciben na casa ao A.D. Carballal.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Francisco Jose Díaz Del Valle do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Fernando Mallo por parte local, namentres polo Cisne Bm. foi sancionado Sergio Álvarez / 7 metros: Garaysa Xiria 3/4 // Cisne Bm. 4/4.
Marcador cada 5 minutos: 3-4, 8-9, 12-13, 17-17, 18-20, descanso, 21-25, 23-31, 29-34, 31-37, 35-40.

GARAYSA XIRIA 35 ( 18 + 17 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (2), Daniel Mallo (3), Alejandro Gómez (10), Mario Cancela (11), Juan Pereira, Diego Antelo (1), Iago Rincón, Adrián Mesejo (2), Iker Martínez (5), Xurxo Díaz, Fernando Mallo (1)

CISNE BM 40 ( 20 + 20 ): , Mateo Arias (6), Anxo Fraga, Juan Cuenca, Sergio Álvarez (10), Carlos Álvarez (7), Javier Sierra, Diego López (3), Nuno González, Carlos Costa (3), Eduardo Costa, Miguel Silva (6), Román Arboleya (5), Fernando Alvarez (2).