Últimos partidos antes do parón do Nadal

1ª Nacional masculina:

Último partido para o Calvo Xiria antes das vacacións de Nadal. Xogarán a domicilio, na pista do Bm Tenerife Tejina co obxectivo de prolongar a súa serie de vitorias e ir a máis para a segunda parte da tempada. O encontro disputarase o sábado ás 19:00 (hora insular), entre dous equipos con refachos moi distintos, pero a igualdade dos resultados esta tempada entre todos os equipos, e factor de xogar como visitante, convidan a que o Calvo Xiria deberá manter a concentración durante os 60 minutos e non deixarse caer no ritmo de xogo dos locais. O equipo que este máis acertado no lanzamento terá moito que dicir á hora de facerse cos dous puntos.

1ª Autonómica Feminina:

 Último encontro deste ano tamén para o Goldie Xiria Carballo turismo, que se desprazará á Cañiza para enfrontarse ao líder invicto da categoría. É o partido de liga que se prevé máis complicado, #ante un rival reforzado con xogadoras experimentadas en categoría superior, pero que as de Carballo afrontan coa ilusión de medirse, precisamente, a un grupo de xogadoras de tan alto nivel. O partido entre o BM. Saeplast Cañiza e o Goldie Xiria Carballo Turismo, disputarase o sábado ás 16:00 h no pavillón mpal da Cañiza e contará, nas filas das bergantiñás, coa baixa de Sheila Ferreiro por lesión.

 División De Honra masculina:

Visita o Vila de Noia, un histórico do balonmán galego e do bo traballo con categorías base, o Balonman Lalín. Os infantís do Garaysa Xiria, abren a xornada ás 10:00 no partido entre os dous primeiros clasificados. Dous equipos con distinto modelo de xogo, que tratarán de impoñerse no 40×20.

Ás 11:15 será a quenda para os cadetes do Grupo Lemaco Xiria, que buscarán a vitoria para achegarse ao grupo de arriba na clasificación.

Pechan a mañá ás 12:45 os xuvenís do Laber Xiria, que de lograr os dous puntos, seguirán mantendo intactas as súas opcións de loitar polo campionato, despois de recuperar a todos os seus efectivos.

División De Honra Feminina:

 O partido entre o Hierros Varela Urbieta Xiria cadete e o Club Balonman Pabellón Ourense, disputarase este sábado ás 10:30 no  pavillón Ceip Fogar. O conxunto de Carballo chega mermado a este envite polas numerosas baixas por lesións, enfermidade e motivos académicos,  pero tentarán despedir o ano con boas sensacións en canto ao xogo e mellorar na predisposición competitiva.

Na categoría infantil, o Punta Del Este Xiria enfrentase ao  Bm Rodeiro Coop. O Rodo. As de Carballo xa xogaron con este conxunto no play off do mes de Setembro, onde o marcador final foi un empate. Ainda que as circunstancias actuais son moi diferentes debido as lesións de rodilla de Lara Souto e Catalina, as infantís de Xiria teñen a ilusión de finalizar o ano cunha vitoria. O partido será o Domingo as 10:30 no pavillón Ceip Fogar, Carballo.

Liga Alevín BM 7:

As rapazas do Gestagua Xiria, teñen este fin de semana un novo encontro de BM7. Será o derradeiro partido do 2019 e as nenas de Xiria desexan conseguir un bo resultado ante o BM Xallas. De calquer xeito, o obxectivo principal continuará sendo o de asimilar conceptos traballados nesta estructura de xogo. O partido será o Domingo as 11:00 no pavillón Fontela de Santa Comba.

Os rapaces do Galega de Mallas Xiria, disputan un novo partido de balonmán 7 ante o Bm Lucus co obxectivo de afianzar os conceptos aprendidos ata o momento. O partido será o domingo ás 12:00 no Ceip Fogar.