Un alegre Calvo Xiria reencóntrase coa vitoria fronte ao Ub Lavadores Vigo

O Calvo Xiria cun xogo dinámico e veloz puido dobregar a un equipo vigués ben traballado e que pelexou ata que nos últimos 5 minutos viu como quedaba sen opcións. Un partido con ritmo por parte ambos conxuntos, con moitas transicións, onde o Calvo Xiria xogou mellor que o seu rival para levar os dous puntos.

Os primeiros instantes do encontro, os dous equipos medíanse sobre o terreo; moita igualdade e poucos goles; ata que os centrais encotraron o camiño do gol para o seu equipo. O Calvo Xiria atopou un acomodo mellor, con 3 goles arriba; obrigou aos visitantes a pedir tempo morto chegados ao minuto 11. Os seguintes, Lavadores volteou o marcador (min 20, 11-12); pero mantivo a calma o Xiria; para saber exactamente o que tiña que facer en ataque e axudado do traballo defensivo, foise ao descanso 19 a 16.

Tras o paso por vestiarios, un inicio atroador dun Xiria moi enchufado en cada fase do xogo poñía 5 goles de distancia; segundo tempo morto dos visitantes; que trataban de agarrarse ao partido. Cando quedaban 14 minutos para o final; o Calvo Xiria sufría a súa quinta exclusión por ningunha dos visitantes nese momento. Adrián Dubra chamaba aos seus para organizar o ataque, que atopou o gol en Manuel Méndez. A falta de 5 minutos a diferenza era de 7 goles, a efectividade no lanzamento lastraba calquera intento de remontada por parte do Lavadores e chegábase ao final do partido 38 a 32.

Calvo Xiria 38 – UB Lavadores Vigo 32

Calvo Xiria (19+19): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p); Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (5), Fran Rey, Julián García (5), Chimpo Rodríguez (8), Diego Vega (5), Pablo Veiga (2), Manu Méndez (4), Álex Gómez (1), Jorge Bouzas (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela (3), Martín Fuentes (2).

UB Lavadores Vigo (16+16): Carlos Veloso, Adrián Suárez (5), Manuel Martín, David Buxo, Diego Pérez (11), Mario Oterino (2), Diego Lluque (2), Diego Fernández, Alexandre Silva, Pablo Gándara (6), Mario Chan, Asier Cerqueira (2), David Castiñeira, Juan Piñeiro, Esteban Carballido (2), Enrique De La Torre (2).

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Marcador cada 5 minutos:1-1, 5-4, 9-7, 11-12, 15-13, 19-16,(descanso), 23-18, 26-21, 27-23, 31-26, 35-28, 38-32 (final).