Previa do 25-27 de novembro

Estatal

O sábado ás 19:00 dispútase un dos clásicos da primeira nacional. O Lalín Arena acollerá o partido entre o Disiclín Balonmán Lalín e o Calvo Xiria. Dous clubs cunha filosofía similar; apostando pola canteira como sinal de identidade. O Calvo Xiria non o terá sinxelo, ante un Disiclín Lalín que marcha colider na clasificación con tan só unha derrota. Un dos aspectos que o Calvo Xiria debe ter en conta é non conceder balóns fáciles no ataque posicional que desencadeen en cómodos contraataques. Defensivamente tratará de cortar a relación que existe entre a primeira e a segunda liña dun conxunto local, que é o segundo máis realizador do grupo A. Por tanto, partido de altura para un Calvo Xiria que quere seguir na liña de melloría que vén pautando as últimas semanas.

1ª Autonómica Feminina

Dobre xornada para o Calvo Xiria; que o venres ás 21:00 xogará como local, no CEIP Fogar, un dos encontros máis complicados que quedan antes do parón de Nadal. O seu rival será o sempre incómodo Balonmán S.D. Samertolameu. Equipo con oficio, que cada ano está na zona nobre da liga. O sábado ás 17:00, no complexo Deportivo de Balaídos, en Vigo, xogará contra Seis Do Nadal-Coia. Equipo que na actualidade, ten un obxectivo diferente; a un Calvo Xiria, que parte como favorito para facerse cos dous puntos; pero que ten que ver como se recupera do esforzo do venres. É unha fin de semana crave; cando tan só faltaría unha xornada para acabar a primeira volta; onde o Calvo Xiria busca ser primeiro.

Categorías Base: Liga Ouro

Derbi provincial para 3 dos equipos de liga Ouro. O ALS Xiria A xogará como visitante no pavillón de Almeiras o sábado á 13:00 contra Bm Culleredo Despreocupate.es. Garaysa Xiria A xogará o sábado no Vila de Noia ás 12:35 contra Bm Culleredo Nosolomadera. E o domingo ás 11:45 no Ceip Fogar mediranse dous dos favoritos ao título autonómico. Grupo Lemaco Xiria A e Bm Culleredo Sweepend. O Nordata Xiria xogará o sábado ás 11:00 no Ceip Fogar contra o Tecnosat Bm Cangas. Actualmente, os dous equipos comparten liderado; polo que se espera un partido igualado onde decidan detalles como a efectividade cara portería.

Categorías Base: Liga Prata

Tubasys Xiria xogará o sábado en Vigo ás 16:30 contra A.D. Carballal, líder da liga. O crecemento que están a desenvolver estas xogadoras convida a soñar nunha tempada sen esixencias resultadistas. Garaysa Xiria B, xogará contra Academia Pluralia Bm Línea21, o sábado ás 11:10, no Vila de Noia. Grupo Lemaco Xiria B, xogará no San Francisco Javier, o sábado ás 12:30 contra o Oar Coruña 1952. E por último, o Punta del Este Xiria xogará o domingo ás 10:00 no Ceip Fogar contra o Club Balonman Atlántico.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, Garaysa Xiria será o único que xogue como local. Farao o sábado ás 10:00 contra Bm Abegondo F40. ALS Xiria xogará en Lugo á 13:00 contra CP Lucense na Casa dos Deportes. O domingo Reneymar Xiria B, e Reneymar Xiria A, xogarán en Culleredo, no pavillón de Almeiras ás 10:00 contra Bm Culleredo Ascor Consulting, e ás 11:00 contra Bm Culleredo Cristalería Gestal, respectivamente.

No balonmán 5, xornada xogarase o sábado en Arteixo no pavillón de Galán, con partidos as 10:00, 10:45, 11:30, 12:15 e 13:00 para os equipos de Insplaber Xiria, Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria.