Un esvaecido Goldie Xiria Carballo Turismo, cae na súa primeira saída

Pouca, moi pouca historia no primeiro partido a domicilio do Goldie Xiria Carballo Turismo e é que neste desprazamento a Tui, o envite tivo, de principio a fin, un só protagonista, que non foi outro que o conxunto local.
 
As de Carballo entraron moi espesas no partido, sendo o 0-1 un mero espellismo que quedou diluído ao primeiro de vez. O equipo non funcionou en ningunha faceta do xogo, véndose superadas en defensa pola continuidade do balón do seu rival e dando, en ataque, moitas facilidades ás tudenses polos numerosos erros sumados. As perdas de balón propiciaban rápidos contraataques que perforaban a portería de Nadia unha e outra vez e a iso sumábase o inoperante balance defensivo das bergantiñás.
 
Nada produciu efecto, nin os cambios de efectivos nin do sistema defensivo e o ataque, falto de continuidade, tornábase previsible, cun xogo lento e abusivo no bote, que facilitaba o peche dos espazos por parte da retagarda local. Co 15-8 ao descanso e as sensacións deixadas por un e outro equipo no primeiros trinta minutos, a situación parecía dificilmente recuperable e todo pasaba por buscar unha reacción similar á que a semana pasada levo ás de Xiria a estar a piques de sacar algo beneficiosa fronte ao BM. Carballal.
 
Nesta ocasión non houbo un cambio de rumbo e as poucas posibilidades de achegarse no electrónico se esfumaban coa mala selección de lanzamento e e nos numerosos fallos #ante a porteira rival. O tempo avanzaba e a vitoria plácida por parte das de Tui ía facer realidade, un 25-15 que debe de servir ás carballesas para identificar erros e liquidalos canto antes para sumar dous novos puntos a semana que vén como local.
 
Tui: 25 (15+10). Noemí Romero, Lucía Troncoso, Andrea Gregores, Begoña Toucedo, Sandra Araujo (2), Susana Méndez (1), Nerea Míguez, Alba Ferreiro (3), Andrea Iglesias (9), Ana Pereira, Paola Iglesias (3), Sonia Rodríguez (6), Patricia Alfaya, Laura Troncoso, Nerea Capón (1), Uxía Valcarcel.
 

Goldie Xiria. 15 (8+7). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago (3), Elba Pérez (2), Aida Vizcaino (1), Mina Ribullen (1), Tamara Pombo (1), Laura Barbeira (1), Saray Couto, Jessica Posse (3), Natalia Solís, Eva Calvelo, Alba Rodríguez (1), Elena Segade (1), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez.

Parciais cada 5´: 3-2 / 6-3 / 10-6 / 12-6 / 13-8 / 15-8/ –Descanso- /16-9 / 17-11 / 19-12 / 20-13 / 23-14 / 25-15 –Final.

Colexiados: Rubén Cividanes e Alfonso Canitrot. Non tiveron o seu día, ainda que non influiron no resultado final.

Incidencias: terceira xornada da primeira autonómica feminina. Partido celebrado na tarde do sábado pasado no Novo Pavillón De Tui, que presentaba una afluencia de público de un centenar de siareiros.